COMPARTIR

Por fin é posible dar a boa nova da volta de Abe Rábade aos directos, en solitario, con A.R.T. e con outros músicos e formacións.

 

A primeira cita será este domingo 19 en Vitoria (Euskadi), no marco da proposta alternativa ao Festival de Jazz de Vitoria, o Jazz VG Club, que se celebrará na sala The Garage. A actuación de Abe pechará un ciclo de catro días cun xogo de contrapesos no que se darán cita o jazz máis clásico (con guiños ao stride e ao blues), a canción de orixe lírico (standards estadounidenses, brasileiros, boleros cubanos ou cantigas de Galiza), adaptacións de pezas da música clásica europea, repertorio bebop e hardbop (pezas de Bud Powell, Charlie Parker ou Sam Rivers), material orixinal da discografía de Abe adaptado ao formato, así como elementos espontáneos e experimentais que dependerán da química do momento, do público, do espazo escénico e da inspiradora sorpresa.

 

2020 será lembrado como o primeiro ano que non se celebra o Festival de Jazz de Vitoria do xeito que se vén facendo desde 1977, pero o covid non vai impedir que se desfrute desta alternativa que sumará concertos dende o 16 ata o 19 de xullo.

 

Abe Rábade compartirá cartel con Lara Vizuete, Triology, Rubén Salvador RS4Ernesto Aurginac Quartet, Noa Lur Troublemaker, Javier Moreno grupo e Baldo Martínez, que actuarán ao longo desta fin de semana cun aforo máximo de 200 persoas. Dos detalles dos concertos fíxose eco o Diario Vasco.

 

As actuacións serán retransmitidas en streaming a través da páxina www.jazzvitoria.comSe queres asistir, podes mercar as entradas aquí.

 

 

OUTRAS DATAS DE CONCERTOS

 

Ademais da súa actuación neste festival, Abe ten programados dous concertos proximamente. Un será o 8 de agosto na Fundación Cerezales de Zamora co Pablo Martín Caminero Trío e o outro o 4 de setembro no Eivissa Jazz Festival (Eivissa, España) con Román Filiu, saxofón (Cuba), Jeffery Davis, vibráfono (Portugal), Horacio Fumero, baixo (Argentina) e Esteve Pi, batería (Catalunya).

 

 

PRESENTACIÓN DO NOVO DISCO DE ABE RÁBADE TRÍO: “SORTE”

 

Con motivo da presentación do novo álbum, que levará por nome “Sorte”, xa están confirmados concertos en Oviedo (12 de febreiro), Salamanca (13 de febreiro) e Madrid, no histórico Auditorio Nacional, (20 de febreiro).

 


COMPARTIR

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies