VOCES HARMONIZADAS

VOCES HARMONIZADAS

“A profundidade está na pel”

Paul Valéry

A oralidade é, indiscutiblemente, unha das fontes máis ricas da expresividade humana. Tendo isto en conta, escoitar, imitar, transcribir (e chegado o momento interpretar en tempo real ou incluso harmonizar) fragmentos de oralidade supón un estudio a fondo de recursos expresivos, que acaba por ter un retorno espectacular na música “convencional”.

  

Isto foi ben sabido polo grande Hermeto Pascoal, un dos pioneiros desta técnica. El bautizou estas transcricións/harmonizacións co elocuente nome de “Aura da Voz”.

  

Abe Rábade leva feita unha experimentación neste campo desde o ano 2008. As pezas van do humorístico ao poético pasando polo reivindicativo, trascendente e aleatorio.

Aquí vai a colección de traballos ata hoxe:

A oralidade é, indiscutiblemente, unha das fontes máis ricas da expresividade humana. Tendo isto en conta, escoitar, imitar, transcribir (e chegado o momento interpretar en tempo real ou incluso harmonizar) fragmentos de oralidade supón un estudio a fondo de recursos expresivos, que acaba por ter un retorno espectacular na música “convencional”.

Isto foi ben sabido polo grande Hermeto Pascoal, un dos pioneiros desta técnica. El bautizou estas transcricións/harmonizacións co elocuente nome de “Aura da Voz”.

Abe Rábade leva feita unha experimentación neste campo desde o ano 2008. As pezas van do humorístico ao poético pasando polo reivindicativo, trascendente e aleatorio.

Aquí vai a colección de traballos ata hoxe:

Cada noite eu chorando pensaba

Poema de Rosalía de Castro recitado por Anxo Angueira. Esta transcrición / harmonización foi un traballo conxunto co compositor e saxofonista valenciano Jesús Santandreu. Está editada no disco “Rosalía 21” (Falcatruada, 2008). 

Quadras III

Poema de Nuno Júdice recitado por Joana Machado. Esta transcrición foi arranxada por Abe Rábade para grupo de cámara con piano e editada no disco Travessia dos Poetas, un traballo da cantante portuguesa Joana Machado (Karonte, 2011)

 

Gotas

Transcrición de pingas de auga caendo nunha bañeira. Aínda sen ser unha transcrición de oralidade intencionada e ter un carácter completamente aleatorio polo tanto, Gotas segue sendo un exemplo de “música atopada onde a priori non parecía haber música” e por iso a incluímos nesta colección. A peza está editada no disco de Abe Rábade Trío Once (Karonte, 2016)

Chiste do Preso

Transcrición/harmonización dun chiste do humorista andaluz Chiquito de la Calzada.

Frente a las insidias

Transcrición da popular Cristina Cifuentes en 2018, cando amosaba “documentación” sobre o seu máster na súa defensa.

Eso es el mercado, amigo

Transcrición da célebre frase de Rodrigo Rato.

Proporcional y proporcionada

Transcrición da popular Soraya Sáenz de Santamaría na súa comparecencia tras as actuacións policiais do 1 de outubro de 2017 en Catalunya.

Voy a hablar con absoluta claridad - Cuanto peor, mejor para todos

Dúas transcricións do expresidente do goberno Mariano Rajoy, meténdose nos seus clásicos xardíns comunicativos.

 

 

O Paxariño Chileno

Transcrición harmonizada do espectacular canto dunha ave.

https://www.youtube.com/watch?v=35

Krishnamurti on Breaking Habits

Transcrición harmonizada do filósofo místico Jiddu Krishnamurti sobre a maneira de romper os malos hábitos. As imaxes son dunha conferencia en Brockwood Park, en 1983.

Revolutionary

Transcrición harmonizada da histórica activista estadounidense Angela Davis. Nunha entrevista no cárcere no ano 1970 transmite dunha maneira elocuente a súa visión sobre o que significa ser unha revolucionaria. En Setembro de 2019 Abe Rábade tivo a honra de poder tocar en directo para o público do Festival de Jazz de Monterei esta peza, a tempo real coas imaxes proxectadas no escenario, estando a propia Angela Davis entre o público.

 

Alexandria Ocasio-Cortez on Police Budgets

Transcrición harmonizada da política estadounidense AOC na que expresa a aberrante realidade dos desproporcionados presupostos en forzas de seguridade e armamento nos EEUU.

Maria Homem sobre o Amor

Transcrición harmonizada da psicanalista brasileira Maria Homem na que dá a súa visión sobre o amor.

Outros experimentos de Abe Rábade:

Foi moi emocionante para Abe saber que Robert Ferrer, un dos maiores especialistas en música da linguaxe, profesor da Universidade Internacional de Valencia (VIU), citou estes experimentos de harmonización de voces nun artigo de prensa na revista Mundo Clásico.

O diario basco “El Correo” tamén publicou unha entrevista a Abe Rábade sobre a oralidade.

 

Domestic Loops é un groove a base de gomas elásticas, unha noz pegando nun pratiño, a boca dunha sella de vidro, dous croios, o estourido dun estalote e os hervellos dunha varxa caendo nunha cunca.

40 e tantos loops, é un groove acumulativo feito coa imaxe e o son de obxectos domésticos (unha esponxa, unha botella, un cepillo, unha moeda, un libro, unha copa, follas de loureiro, un xel, un papel, un garfo…).

Alicia no País das Melodías, é unha versión do “Parabéns para Ti” feita co son e a imaxe de ruídos domésticos afinados (o pomo dunha porta, un grifo, un pé arrastrado no chan, o tapón que fai resoar unha botella, un pulverizador de perfume, un coche de xoguete…).

Maneo do Tempo, é unha versión (con texto orixinal extendido) dun maneo tradicional galego, no que o acompañamento de percusión está feito con follas verdes de castiñeiro, unha agulla resoando en cerámica do Castro e pedriñas dun río. A peza está adicada ao grande Isaac Díaz Pardo.

PLAYLIST COMPLETA DE VOCES HARMONIZADAS E OUTROS EXPERIMENTOS