COMPARTIR

 

Esta peza, con letra de Ira Gershwin, foi escrita para o filme de 1944 Cover Girl, protagonizado por Rita Hayworth e Gene Kelly. A cantante que dobra a Hayworth na escena da película é Martha Mears. Axiña se popularizou a canción con versións de Dick Haymes, Helen Forrest, Bing Crosby ou Jo Stafford.

 

Long Ago and Far Away de Jerome Kern

 

Non sendo un standard de Jazz dos máis tocados, si hai versións destacadísimas de grandes do xénero como as de Chet Baker, Oscar Peterson ou máis recentemente Brad Meldhau xunto a Charlie Haden.

 

A drástica modulación, sen previo aviso, na segunda frase melódica é se cadra o aspecto máis chamativo da peza. Literalmente, vaise “pola cara” a outro ton, unha terceira menor arriba.

 

Na miña versión de Long Ago and Far Away aproveito a marabillosa reharmonización de Russ Freeman e Chet Baker -precisamente nesta subida ao novo ton- e sigo esa pauta estilística, engadindo varios acordes de paso ao longo da exposición do tema, nunha pequena homenaxe ao grande Bill Evans.

 

VerSon de Abe Rábade de Long ago and far away

 

 


COMPARTIR

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies