Acaba de chegar a primavera máis triste dos últimos tempos… Deixemos aínda así que nos cargue do seu magnetismo nestes momentos difíciles.
Clifford Brown adicoulle esta peza enérxica e optimista á súa muller Larue. De feito adoitaba chamarlle así a ela: a súa “Joy Spring” (a súa “Primavera Ledicia”).
Clifford morreu traxicamente aos 26 anos. Pero deixou un legado intenso: unha auténtica revolución técnica na trompeta-jazz, un son profundo e nobre, un fraseo que sempre provoca un sorriso cómplice, composicións xeniais coma esta e solos de trompeta que son auténticas teses doutorais.