COMPARTIR

Foi escrita en 1940 para o filme Broadway Melody of 1940, como a música para unha escena moi onírica na que a bailarina e o cantante visten de arlequíns, ocultando cadanseu rostro tras un antifaz. Aquí está esta secuencia orixinal  bailada por Eleanor Powell e cantada por Douglas MacPhail:

 

En 1956 Ella Fitzgerald fai a súa versión no álbum Ella Fitzgerald Sings the Cole Porter Song Book. Encántanme os adornos melódicos alternativos que fai nos dous primeiros A´s do tema:

 

Esta é a versión de Frank Sinatra no seu disco xunto a Ton Jobim. Aquí, a última parte da melodía, con aqueles cromatismos que xa hai no orixinal, pero neste contexto estilístico, mesmo chega a parecerse ás características pasaxes descendentes de Jobim (presentes en “Wave” ou en “Insensatez”, por exemplo).

 

Esta composición de Cole Porter é un claro exemplo de redondez formal: a melodía comeza nas tebras e aos poucos, maxistralmente, vaise abrindo para rematar nun ámbito luminoso e vibrante. A progresión harmónica do comezo afianza esa sensación de penumbra, mentres que a variada harmonización da ponte vai subindo unha temperatura que alcanza o seu máximo no clímax da última sección da peza. Nesta parte final Porter introduce dúas rápidas modulacións a tons moi sorpresivos, que apuntalan brillantemente o remate en alto deste “I Concentrate on You”.

Na miña versión a harmonía da ponte Porter orixinal, tambén respectado na versión do disco de Fitzgerald. Tamén adaptei alguúns dos marabillosos xiros melódicos de Ella e volvín harmonizar algúns lugares (por exemplo, a última sección, para darlle un carácter case modal ao clímax da peza).

 


COMPARTIR