COMPARTIR

A canción foi composta en 1958 por Antônio Carlos Jobim. A letra é de Vinícius de Moraes. Este tema inaugurou o que máis tarde se deu en chamar bossa nova. A primeira versión, de Elizete Cardoso no álbum ‘Canção do Amor Demais’ remite claramente á canción de concerto europea, pero inclúe tamén moitos elementos idiomáticos do jazz a nivel harmónico e as liñas mestras do tema (a nivel rítmico e interválico) remiten claramente ao universo brasileiro, co seu belo sincretismo entre o africano, o europeo e o americano.

A peza en inglés bautizouse como “The Happy Madness”. Gene Lees escribiu a letra desta versión anglófona.

A irmá de Jobim, Helena, di que Jobim escribiu esta peza na casa familiar de Poço Fundo, inspirado pola choiva.

Eu adoro a versión orixinal de Elizete Cardoso, e tamén a de Joe Henderson, décadas máis tarde, no seu disco de homenaxe a Jobim ‘Double Rainbow’ (co grandísimo Herbie Hancock ao piano!).

 

 

 


COMPARTIR

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies