COMPARTIR

 

Este famoso bolero escrito en 1945 foi adicado pola pianista e compositora cubana Isolina Carrillo ao seu home, o barítono Guillermo Arronte.

 

En palabras da autora: “Dos Gardenias descansa nunha subxugante melodía chea de gracia e sinceridade”.

 

Non podo estar máis dacordo, pois a interválica angulosa deste bolero faino único. A letra é a sincera fotografía dos tempos do amor a través do agasallo de dúas flores… a interválica inestable en certos lugares apuntala esa sensación de fraxilidade, de algo que pode efectivamente esmorecer facilmente. O uso maxistral dos espazos e a dosificación das frases melódicas posibilita unha cantidade moi xenerosa de reharmonización (como nesta versión que vos comparto).

 

O portorriqueño Daniel Santos foi o primeiro en gravala e popularizala (coa maxistral orquestración de Pérez Prado). As máis afamadas interpretacións de Dos Gardenias foron as de Nat King Cole, Antonio Machín e Omara Portuondo.

 

 


COMPARTIR

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies