COMPARTIR

 

Bouncing with Bud é un tema do xenial pianista Bud Bowell composto en 1946. O primeiro  título da composición foi outro: “Bebop in Pastel”, e así constou na primeira gravación feita xunto ao trompetista Kenny Dorham e o saxofonista alto Sonny Stitt. Pero axiña tomou o título co que se coñece ata hoxe. Eu son moi fan da versión de 1949 xunto ao trompetista Fats Navarro e o saxofonista tenor Sonny Rollins:

https://www.youtube.com/watch?v=2A7yFF6lzE8

 

Décadas máis tarde , en 1997 Chick Corea gravou un soberbio álbum de homenaxe a Powell; Remembering Bud Powell (tiven a sorte de escoitar un concerto desa xira en Boston, no Berklee Performance Center):

https://www.youtube.com/watch?v=BtXkLWdvVf0

 

Outra versión que considero magnífica é a do trío de Keith Jarrett no seu disco Whisper Not:

https://open.spotify.com/track/579cT9rQFR6mfZlP5CRBjX?si=diWaPt6dSjCawA31qfk1qA

 

E aquí vos deixo finalmente coa sabias palabras de Sonny Rollins acerca do Mestre Bud Powell:

https://www.youtube.com/watch?v=CzYOf1Wn_5U

 

 


COMPARTIR