COMPARTIR

 

Blame it on my Youth foi composto por Oscar Levant en 1934. A letra é de Edward Heyman. A versión orixinal gravouse no mesmo ano, pola Orchestra dos irmáns Dorsey. A versión máis coñecida da canción chegaría dúas décadas máis tarde, cando a grava Nat King Cole no seu célebre álbum After Midnight.

 

En todo o corte destaca ese fermoso veludo que ten nos graves Nat King Cole, pero desde logo tamén o soberbio solo de piano que precede á reexposición. Hai dúas versións posteriores que adoro: a de Keith Jarrett nun dos meus discos favoritos de piano-solo (The melody at night with you) e a de Kurt Elling no seu álbum Flirting with Twilight, onde a interpreta a un tempo lento (semella un “jazz lied”) variando libremente a melodía con exuberantes licencias interválicas, rítmicas e expresivas.

 

 


COMPARTIR

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies