COMPARTIR

 

A versión orixinal foi gravada por Mercedes Sosa no ano 1969 para o disco “Mujeres Argentinas”. Esta peza é a maxistral transformación en poesía e música do impacto que tivo nos seus autores o relato do suicidio da poeta arxentina Alfonsina Storni. Dito relato chegoulle ao pianista e compositor Ariel Ramírez por seu pai, que fora mestre de Alfonsina. Compuxo unha peza para a que Félix Luna aportou a letra posteriormente.

 

Adoro particularmente esta versión en directo de Mercedes Sosa.

 

 

Faina en Fa menor, unha tonalidade profunda, coa escuridade xusta. Cada vez que chega á nota SOL nas seccións ‘A’ da peza hai un pequeno desgarro de raiba, sen esaxeración.

A a parte ‘B’ é unha master class de continuidade melódica, e o clímax, conseguido cunha sucesión de cromatismos nos agudos pona pel de pita (especialmente pola cor vehemente e expresiva que a voz de Mercedes Sosa tiña alá arriba). E para resolver a canción; outra pasaxe cromática, esta vez pianiño, como o sutil agarimo de quen sabe converter o desencanto en beleza.

 

 


COMPARTIR

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies