Abe Rábade Trío

ABE RÁBADE TRÍO

9

ABE RÁBADE

Piano
9

PABLO MARTÍN CAMINERO

Contrabaixo

9

BRUNO PEDROSO

Batería

HISTORIA DE A.R.T.

PRIMEIRA ETAPA

 

O trío nace en Boston no 1996 co galego Paco Charlín ao contrabaixo e o búlgaro Val Tzenkov a la batería.

No 2000 aséntase en Galiza e grava o seu primeiro disco, Babel de Sons (2001), con Paco Charlín ao contrabaixo e Ramón Ángel Rey á batería.

No 2002, o grupo lanza Simetrías e actúa en festivais de jazz da Península Ibérica, en Cuba e en Marrocos.

Nsta época fráguase GHU! Project, un proxecto de colaboración con destacados solistas do panorama jazzístico como Chris Kase, Jesús Santandreu ou Michel González.

Este concepto mantense coa participación de intérpretes como Miguel Zenón, Perico Sambeat, Alan Ferber ou Toni Belenguer.

“Para Abe Rábade non existen barreiras culturais,

por iso é un dos músicos máis brillantes da escea do jazz nacional.”

Carlos Lara, Tomajazz

SEGUNDA ETAPA

No 2006 publícase Playing on Light, con Paco Charlín ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería. A revista Cuadernos de Jazz elixiuno Mellor Disco de Jazz en España 2006.

A finais do 2006, Nelson Cascais incorpórase ao contrabaixo.

Nesta etapa o trío compuxo e interpretou a música orixinal para a proxección de cine mudo galego Pioneiros do Cinema, no Teatro Principal de Santiago (2007).

A banda tamén participou en Rosalía 21 (encargo para a Feira doLibro da Habana) e Aloumiños de Seda (encargo para a campaña Xeración e logo da Dirección Xeral de Política Lingüística).

“A conexión entre a música clásica e o jazz era un dos ámbitos que Abe Rábade 

tiña en mente desde fai moito e ao presentarse a oportunidade 

afrontou o reto e o resultado [o disco Tránsitos, coa Real Filharmonía de Galicia]

non pode ser máis espectacular.” 

 

Blog Preso Ventanilla

ACTUALIDADE

Desde 2008, Pablo Martín Caminero está ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería.

Publican Zigurat (2010) e A Modo (2012), presentado nunha xira con concertos en Costa Rica, O Salvador, Guatemala e México.

No 2013 ve a luz Versons, o primeiro conformado unicamente por versións.

Tránsitos (2015) recolle a obra orixinal de Abe Rábade parao seu trío con Orquestra Sinfónica. 

O último: Once (2016) e Doravante (2018), presentado no Festival de Jazz de Monterey (California, EEUU).

“É posible que neste cruce espontáneo, nesa construcción precisa e inspirada do conjunto,

esta música abierta e veraz puido ser o mellor exemplo daquela semana [Festival de Jazz de Málaga]

do que o jazz significou, significa e será.”

Jesús Gonzalo, Tomajazz

COMPOÑENTES

COMPOÑENTES

Abe Rábade

Pianista e compositor nacido en Compostela o 8 de setembro do 1977. Licenciado Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EEUU) no 1999. 

Conta con 12 álbums de Jazz como líder e en breve lanzará o número 13.

Estrenou máis de 200 composicións nos estilos Jazz, Clásico e Músicas de Raíz. 

É un impulsor incansable do diálogo entre xéneros musicais e disciplinas artísticas.

Ofreceu concertos en Europa, América, Asia e África

É codirector artístico do Seminario Permanente de Jazz (Pontevedra), profesor da Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (ESMAE) de Porto (Portugal) e do Centro Superior de Música de Galicia (CSM Galicia) de Valga (Pontevedra).

BIO COMPLETA

Pablo Martín Caminero

Contrabaixista, compositor e produtor nacido en Vitoria-Gasteiz no 1974. Terminou os seus estudos de contrabaixo clásico na Escola Superior de Música de Viena no 1999. 

Colaborou con artistas e proxectos de diversos xéneros como Ultra High Flamenco, Abe Rábade Trío, Jorge Pardo, Gerardo Núñez, bandArt, Hippocampus,  Chano Domínguez, Niño Josele, Rocío Molina, Enrike Solinís ou Rosario La Tremendita.

Compón música para películas de cine e campañas de publicidade desde 2006.

Publicou 4 discos: Doméstica (BOST, 2005), El Caminero (BOST, 2011), O.F.N.I. (BOST, 2014) e Salto al vacío (BOST, 2016).

Levou ao escenario o espectáculo Double Bach xunto ao coreógrafo Antonio Ruz, no que interpreta 2 suites de J.S.Bach en pizzicato, acompañado pola bailarina contemporánea Tamako Akiyama. Double Bach estrenouse no Festival de Teatro Clásico de Almagro 2016. 

Bruno Pedroso

Despois de recibir ensinanzas de músicos recoñecidos no panorama portugués, estuda en New York con Leon Parker, Carl Allen, Jordi Rossy, Adam Nussbaum e Billy Hart.

No 1995 pasa a formar parte do corpo docente da Escola de Jazz do Hot Clube de Portugal.

Dotado dunha versatilidade e musicalidade sobresaíntes, Bruno é un dps músicos de jazz portugueses máis solicitados.

Tocou e gravou con Zé Eduardo, Nuno Ferreira, Fátima Serro, Kiko, Nelson Cascais, Carlos Barretto, Tomás Pimentel, Carlos Martins e os irmáns Moreira e acompaña regularmente a artistas como Nicholas Payton, Gregory Tardy, Rick Margitza, Aaron Goldberg, Perico Sambeat, Ivan Paduart, Ricky Ford, Richard Galliano, Ron Jackson, entre outros.

Desde 2016 forma parte de Joao Barradas Trío (acordeón) e toca con Salvador Sobral, gañeador do Festival de Eurovisión  en maio de 2017.

VÍDEOS DESTACADOS

VÍDEOS DESTACADOS

OPINIONES DE LA CRÍTICA

"El dúo piano y contrabajo funciona, con la batería acompañando a la perfección."

Carlos Lara, Tomajazz

"La conexión entre la música clásica y el jazz era una de los ámbitos que Abe Rábade tenía en mente desde hace mucho y al presentarse la oportunidad afrontó el reto y el resultado no puede ser más espectacular."

Blog Preso Ventanilla

"Es posible que en este cruce espontáneo, en esa construcción precisa e inspirada del conjunto, esta música abierta y veraz pudo ser el mejor ejemplo de aquella semana [Festival de Jazz de Málaga] de lo que el jazz ha significado, significa y será."

Jesús Gonzalo, Tomajazz

"Para Abe Rábade no existen barreras culturales, por eso es uno de los músicos más brillantes de la escena del jazz nacional."

Carlos Lara, Tomajazz

MERCAR DISCOS

ÚLTIMAS NOVAS DE a.r.t.

Concerto entre amigos de Abe Rábade Trío

Concerto entre amigos de Abe Rábade Trío

Os compoñentes do Abe Rábade Trío, Abe Rábade (piano), Pablo Martín Caminero (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería), están preparando un novo disco que verá a luz este 2020. A primeira fin de semana do ano, xuntáronse en Compostela para traballar intensamente neste...

Abe Rábade Trío actúa no Festival de Jazz de Zaragoza

Abe Rábade Trío actúa no Festival de Jazz de Zaragoza

A agrupación do pianista galego tivo onte unha das súas últimas actuacións deste 2019 no Auditorio de Zaragoza, onde se celebrou o 36 Festival de Jazz de Zaragoza. Artistas da talla de Salvador Sobral, Yellow Jackets ou Andrea Motis actuaron durante catro días nunha...

CONTRATACIÓN

PRODUCCIONES

BLES

* Beatriz Llévenes
* Elías Segovia

Alexandre, 8-2ºD

28033 Madrid

(34) 913 00 36 08 

(34) 615 35 90 26

bles@produccionesbles.com

PRODUCCIONES

BLES

* Beatriz Llévenes
* Elías Segovia

Alexandre, 8-2ºD

28033 Madrid

(34) 913 00 36 08 

(34) 615 35 90 26

bles@produccionesbles.com

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies