COMPARTIR

A Flower is a Lovesome Thing (Billy Strayhorn)

 

Ricardo Toscano é un saxofonista alto lisboeta de fraseo profundo, tempo electrizante e intuición a flor de pel. É unha daquelas persoas que sabe ler o ambiente no que se atopa dun xeito inmediato e adaptarse (tanto na vida como na música). Teño a sorte de tocar con el no Cuarteto do grande baterista e productor portugués Mário Barreiros.

 

Strayhorn escribiu esta peza para a BigBand de Duke Ellington en 1941. Foi concebida para o saxofonista alto da orquestra, Johnny Hodges, un auténtico estilista dos tempos lentos e un dos cumios da expresividade no jazz. Gravouse por vez primeira en 1946. A Orquestra de Duke Ellington fixo unha versión vocal da composición con Ella Fitzgerald en 1965, cunha letra que o propio Strayhorn escribiu para a ocasión.

 

 


COMPARTIR