Día do libro 2020: Esta é a listaxe de libros que está lendo actualmente Abe Rábade:
1. Diccionario Akal de Estética (Étienne Souriau)
Un compendio dunhas 1.800 entradas que na perspectiva dun traballo pluridisciplinar confiren forma e valor ao campo do saber sobre a estética.
2. The White Goddess (Robert Graves)
Este libro é o resultado da investigación de Robert Graves nos estraños territorios do folclore, a mitoloxía, a relixión e a maxia. É a busca dun poeta erudito polo significado dos mitos europeos, unha polémica sobre as relacións entre o home e a muller, e tamén un documento intensamente persoal no que Graves explora as fontes da súa propia inspiración.
3. Pálido Fuego (Vladimir Nabokov)
Unha novela desconcertante e diabolicamente divertida, que figura entre as preferidas do seu propio autor e na que están presentes a súa ironía e o seu mortífero humor. Preséntase como a edición póstuma dun longo poema escrito por John Shade, gloria das letras norteamericanas, pouco antes de ser asasinado. É tamén unha novela de intriga, na que ao lector se lle invita a tomar o papel de detective.
4. The Wizard of Oz (L. Frank Baum)
O mago de Oz é unha novela infantil estadounidense publicada orixinalmente no 1900. A cotío se reproduce co título O marabilloso mago de Oz, que tamén foi o título da famosa adaptación cinematográfica de 1939. A historia narra as aventuras dunha xove campesina chamada Dorothy na máxica Terra de Oz, despois de que ela e o seu can Toto son arrastrados fóra do seu fogar en Kansas por un tornado.
5. La Luna Nueva (Rabindranath Tagore)
É unha das obras máis recoñecidas de Rabindranath Tagore, e nela atopamos a curiosidade dun neno ante un mundo novo e marabilloso que comeza a desplegarse ante el.
6. Jefes, Cabecillas, Abusones (Marvin Harris)
Marvin Harris explora neste libro o paralelismo social entre culturas antigas e incluso, de sociedades tribais cunha análise exhaustiva das súas actitudes, e de como os xefes de tribos evolucionaron ata converterse nos xefes políticos actuais.
7. Topology of Violence (Byung-Chul Han)
Nesta obra, o filósofo Byung-Chul Han considera o cambio na violencia do visible ao invisible, do frontal ao viral, ao autoinfrinxido, da forza bruta á forza mediada, do real ao virtual.
8. What is Sex ? (Alenka Zupančič)
Alenka Zupančič aborda a cuestión considerando que a sexualidade é un problema propiamente filosófico para a psicoanálise; e por psicoanálise, refírese a Freud e Lacan, non ao tipo de profesionais clínicos chamados por Lacan “ortopedistas do inconsciente”.
9. La Verdad en Pintura (Jacques Derrida)
Non só é un libro arredor da pintura -nos seus límites, as súas marxes, no que a rodea, como se complace en afirmar o propio autor- senón tamén, e sobre todo, un libro arredor da verdad. E á filosofía occidental, admáis, desde o momento no que esta converteu a pintura tanto en modelo como en representación da propia verdade.
Este extenso poema épico ofrece unha espléndida mostra mitográfica arroupada por un coherente marco filosófico. 250 historias, mitos e lendas que abarcan desde o nacemento da humanidade á creación do mundo, na era dos cataclismos, ata a morte e apoteose de César.
11. Zhuang Zi (Maestro Chuang Tsé)
Xunto ao Tao te king e o Lie zi, o outro texto fundamental do taoísmo é o Zhuang zi. Pero, ademais, este clásico chino é unha das obras mestras da literatura universal.