COMPARTIR

 

Óscar Martínez “Oxama” é un produtor cultural, músico, blogger, reportero e locutor mexicano que conta cunha traxectoria de máis de dúas décadas adicadas ao jazz, estilo ao que se “enganchou” sendo un neno, na década dos oitenta, a través das transmisións da Radio Universidad de Oaxaca (México). Son gustos xa herdados de seu pai, que colaboraba con varias emisoras de Oaxaca ás que puido facer visitas de cativo. Esta tempada podemos escoitalo en El sexto continente, o seu programa máis recente.

 

O xoves pasado, Oxama publicou na canle de YouTube de El sexto continente un documental sobre a historia do Jazz en España, desde a ollada internacional dun apaixoado do xénero. Fala das raíces, influencias e figuras máis relevantes ata o día de hoxe. De como Juan Claudio Cifuentes “El Cifu”, amigo persoal de grandes músicos, se convertíu en parte da historia do jazz en Europa, tralo seu paso por programas como Jazz porque sí de RNE ou Jazz entre amigos de TVE, e tras entrevistar a figuras da talla de Chick Corea ou Miles Davis. Das fusións, mesturas e influencias entre músicos españois e internacionais ata a aparición de Tete Montoliu, un icono do jazz español. Do seu primeiro contacto co noso jazz a través da revista Cuadernos de jazz ata cando coñeceu a Abe Rábade Trío nunha visita que fixo o grupo ao seu país. E, a propósito desta viaxe, a fermosa historia de Abe Rábade coa Árbore do Tule, situada no recinto da igrexa do centro da cidade de Santa María del Tule (Oaxaca), que acabou dando nome a un tema do disco Once, e inspirando o título deste documental: El pianista que se enamoró de un árbol.

 

 

+ info sobre El sexto continente: Facebook, Twitter

 


COMPARTIR

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies