Unha ducia de alumnos participou onte na masterclass de piano jazz impartida por Abe Rábade, profesor de piano jazz do Centro Superior de Música (CSM Galicia).
Os alumnos, de entre 18 e 30 anos achegáronse para participar desde Santiago, A Coruña, Pontevedra, Vigo e Ourense.

Durante esta masterclass, Abe Rábade achegou aos alumnos ao vocabulario jazzístico no piano, nas súas vertentes rítmica, harmónica e melódica a través do adestramento auditivo, rítmico e nocións de harmonía contemporánea.
Os alumnos puideron pór en práctica distintos recursos que permiten a un instrumentista improvisar con solvencia, traballando cunha selección de repertorio representativo do jazz: standards, temas be-hop e composición de corte máis contemporáneo.
Trackbacks/Pingbacks