COMPARTIR

 

A Cidade da Cultura acolle desde o 15 de novembro a exposición Galicia, un relato no mundo, un percorrido pola interacción de Galiza co resto do mundo, da prehistoria á actualidade. As máis de 300 pezas multiformato desta exposición, comisariada polo xornalista Manuel Gago, están repartidas en dous andares do Museo Centro Gaiás. O percorrido inclúe cadros, fotografías, manuscritos, libros, pinturas, esculturas, mapas, bandeiras antigas… ata realidade aumentada. 

 

exposicion galicia un relato no mundo

 

Numerosas pezas cargadas de simbolismo chegaron da Arxentina, Reino Unido, Italia, Portugal, Cuba, Uruguai ou Irlanda para facer un repaso pola historia do noso país en distintos eidos da cultura. Están presentes curiosidades como o Mapa de Sawley, considerado un dos primeiros mapas mundi enciclopédicos europeos (s. XII), que representaba a Catedral de Santiago como o edificio máis importante de Europa; ou unha colección de obxectos persoais de galegos involucrados na II Guerra Mundial.

 

 

 

A música na exposición Galicia, un relato no mundo

 

A música tamén ten un espazo nesta mostra, na que se pode escoitar a produción galega na emigración de primeiros do século XX. A exposición reflicte a mestizaxe entre as músicas de Galiza e as dos lugares de destino dos nosos emigrantes. Entre elas, a Muiñeira de Pro Bandera de Manuel Dopazo, a Foliada de Romeros do Coro Aires da Terra de Pontevedra, a Alborada gallega de Vicente Ballester, Unha noite na eira do trigo de Juan Pulido, Un adiós a Mariquiña de Ofelia Nieto ou Meus amores de Jaime Montes Conde.

 

exposicion galicia un relato no mundo

 

Ademais, na mostra tamén participaron distintos persoeiros galegos de diferentes eidos, achegando en vídeo as súas reflexións sobre Galiza. Falamos da artesá Elena Ferro, o deseñador gráfico Álvaro Valiño, o investigador Francisco Rivadulla, a directora de Nanogap, Tatiana López, e o pianista Abe Rábade.

 

 

Por mor do coronavirus, a exposición non puido ser visitada dende o 13 de marzo, polo que se lanzaron dúas iniciativas: unha visita guiada desde Twitter, á que podes acceder a través desta ligazón, e outra virtual, que podes desfrutar neste enlace ou premendo na imaxe do tuit. Tamén podes consultar online o catálogo da exposición Galicia, un relato no mundo aquí.

 

exposicion galicia un relato no mundo en twitter

 

 


COMPARTIR

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies