COMPARTIR

Epílogo (Abe Rábade)

 

Naíma Acuña destila groove e solidez no tempo en canto toca dous golpes. Ten un “rico veleno” na interacción rítmica que adoro. Tocamos por vez primeira no proxecto Eivissa Jazz Experience, na súa edición de 2017. Ten xa á súa curta idade unha impresionante traxectoria nos escenarios con primeirísimas figuras do panorama jazzístico internacional.

 

Epílogo é a peza de peche do espectáculo “Lorca Namorado”, que estreei na Praza da Quintana de Compostela o 30 de Maio de 2019, data na que estaba Naíma á batería tamén ! As A´s están baseadas nun hipnótico toque do Entroido tradicional de Viana do Bolo, en 5/8 e as B´s noutro toque daquela terra tamén, en 6/8. Hai un par de anos que teño a sorte de tocar nun Fulión (o de Punxeiro) co meu curmán Ovidio. É emocionante tocar estes ritmos en aixadas e bombos!

 

 


COMPARTIR