COMPARTIR

 

Love Me or Leave Me (Walter Donaldson & Gus Kahn)

 

Enrique Oliver é un titán do saxo tenor oriúndo de Málaga. Despois desta experiencia, só podo desexar repetir tocata axiña con el. O seu son é profundo e nobre. Esta edición de Dual lauD ten unha madriña, a nosa amiga común Montse Merino quen tivo a fermosa visión de nos xuntar virtualmente para facer música este mes de Maio. Graciñas, Montse !

 

Love or Leave Me foi escrita en 1928 para o musical de Broadway “Whoopee!”. Converteuse na líder de vendas tras ser editada por Columbia. A versión orixinal foi cantada por Ruth Etting.

 

Versións posteriores destacadas da peza son as de Fats Waller en 1929 (cun stride piano dun groove impresionante), Billie Holiday en 1941 (coas súas espectaculares variacións melódicas de costume, nun elegante tempo medio), Frank Sinatra en 1954 (nunha bela e atípica versión para combo pequeno en directo para o programa de Radio “Perfectly Frank”) e Miles Davis nun tempo rápido en 1957 para o seu álbum Walkin´.

 

Enrique e mais eu facemos un claro guiño á estética do Mestre John Coltrane, aproveitando para facer unha homenaxe in memoriam ao que fora o pianista do seu Cuarteto Clásico nos anos 60, o recentemente falecido McCoy Tyner.

 

 


COMPARTIR

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies