COMPARTIR

 

Deep River foi mencionado por vez primeira en 1876, cando apareceu publicado nunha antoloxía de cancións espirituais feita por J.B.T. Marsh. A primeira versión gravada é da contralto Marian Anderson, en 1921. É posiblemente un dos espirituais máis coñecidos e foi arranxado en múltiples ocasións para teatro, musical, cinema e unha ampla variedade de formatos musicais. Eu adoro a versión esencial de Hank Jones & Charlie Haden, no album Come Sunday de 2012. De neno, tiven a sorte de ver en directo a Hank Jones no Teatro Principal de Compostela (eramos 10 no público !) Nunca esquecerei o seu toque elegante. Aquí vai unha pequena homenaxe a el e ao tamén inesquecible Haden.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=2bytFrsL4_4

https://www.youtube.com/watch?v=6z-V7OyW5nk

https://elpais.com/cultura/2012/04/10/tentaciones/1334051955_696216.html


COMPARTIR

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies