COMPARTIR

Os compoñentes do Abe Rábade Trío, Abe Rábade (piano), Pablo Martín Caminero (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería), están preparando un novo disco que verá a luz este 2020.

A primeira fin de semana do ano, xuntáronse en Compostela para traballar intensamente neste novo proxecto.

O domingo ofreceron un concerto íntimo para amigos na casa de Abe, tocando por vez primeira o programa íntegro que conformará o próximo álbum da banda. Na próxima actuación do A.R.T. (Círculo de Bellas Artes de Madrid do vindeiro 24 de xaneiro) soarán case todas estas novas pezas.

Nun encontro do trío non podía faltar unha pausa para unha partida de xadrez entre Abe e Pablo, que encadean partidas on e off line dende hai máis de cinco anos.


COMPARTIR

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies