O pasado mes de marzo, o Abe Rábade Trío estivo en Daca (Bangladesh), convidado pola Cátedra Inditex de Lengua y Cultura Españolas na Universidade de Daca. Ofreceu unha master class no Departamento de Música da Universidade de Daca o día 10 de marzo e un concerto no Auditorio da Universidade o día 11.
Durante a master class falaron sobre o potencial que o jazz ten para a interacción entre os instrumentistas. Exemplificárono con dúas pezas: un blues e unha improvisación colectiva sobre unha textura modal.
No concerto interpretaron todo o material do que será o novo álbum do Abe Rábade Trío. Aquí tedes un fragmento:
A viaxe permitíu a Pablo Martín Caminero, Bruno Pedroso e Abe Rábade perderse polas rúas da cidade e coñecer o seu encanto.
O belo azar fixo coincidir a actuación do Abe Rábade Trío en Daca coa de Manu Chao. Houbo tempo para compartir interesantes conversas.
A viaxe axudou a Abe a redescubrir a fabulosa poesía de Tagore, que era Bengalí (de Calcuta). Grazas á conversa cos profesores do departamento de música da Universidade de Daca descubríu o peso que ten na tradición musical do norte da India e Bangladesh. Á volta da viaxe releu obras del como “A Lúa Nova” e “Os paxaros perdidos“, que considera fascinantes.