COMPARTIR

 

No marco da presente edición de Jazz Círculo, o Círculo de Bellas Artes de Madrid acolleu un concerto de Abe Rábade Trío o 24 de xaneiro.

 

Desde 2007, co obxectivo de brindar ao público de Madrid un lugar onde escoitar Jazz en vivo nunha institución emblemática do centro de Madrid, Jazz Círculo acolleu nas súas distintas edicións anuais a artistas como Bob Sands, Jorge Pardo, Federico Lechner, Rubem Dantas Trío ou o trompetista Jerry González co seu Comando de la Clave.

 

 

Máis de 130 persoas se achegaron á Pecera do Círculo para disfrutar deste directo no que, tal e como vos avanzamos na nova sobre o concerto entre amigos de A.R.T. de principios de xaneiro, tocaron por primeira vez ante un público moi receptivo o programa íntegro que conformará o próximo álbum da banda.

 

 

Durante o evento, Pablo Martín Caminero e Abe Rábade dirixíronse ao público en varias ocasións e Abe compartíu unhas pinceladas sobre a esencia do que será o álbum número 13 do trío e que verá a luz nos próximos meses.

 

 

Tralos bises, Abe, Pablo e Bruno estiveron compartindo impresións co público e firmando exemplares do seu último disco, Doravante.

 

 

2020 será sen dúbida un ano moi intenso para A.R.T. e con grandes sorpresas, das que vos iremos informando puntualmente. A primeira gran nova é o concerto de Asia do próximo 11 de marzo.

 

Galería do concierto de Abe Rábade Trío no Círculo de Bellas Artes:

 

 


COMPARTIR

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies