COMPARTIR

 

O domingo 19 de xullo o Jazz VG Club, o ciclo presentado polo Festival de Jazz de Vitoria-Gasteiz tralo aprazamento da súa 44 edición, acolleu un concerto a piano solo de Abe Rábade. O recital ofreceu unha ampla variedade de atmósferas: stride, bebop, hardop, canción estadounidense, canción brasileira, canción arxentina e música tradicional galega.

 

En palabras de Yahvé de la Cavada no diario El País, “Rábade, a piano só, presentou parte da música na que estivo inmerso nos meses de confinamento. Cun concerto estructurado en tres bloques, debuxou un intimista autorretrato no que contextualizaba cada peza do repertorio desde unha perspectiva persoal, pasando con naturalidade de standards como When I Fall In LoveJoy Spring ou Long Ago And Far Away, a composicións orixinais, como Epílogo ou a inédita Freixo, ou preciosas lecturas de clásicos como o Dos Gardenias, de Isolina Carrillo; Alfonsina y el mar, de Ariel Ramírez, ou o Retrato Em Branco E Preto, de Antonio Carlos Jobim, todo interpretado con swing, introspección e intensidade, segundo requirise cada peza”.

 

Esta foi a playlist do concerto:

  1. Long Ago and Far Away (Jerome Kern)
  2. Joy Spring (Clifford Brown)
  3. Dos Gardenias (Isolina Carrillo)
  4. Cyclic Episode (Sam Rivers)
  5. When I Fall in Love (Cole Porter)
  6. Freixo (Abe Rábade)
  7. Retrato em Branco e Preto (António Carlos Jobim)
  8. Epílogo (Abe Rábade)
  9. Alfonsina y el Mar (Félix Ramírez)
  10. Medley (Homenaxe a Bud Powell) con estas pezas:
    – Celia & Crazeology (Bud Powell)
    – Broken Chart (Abe Rábade)

 

A propósito da actuación no festival, El Correo publicou unha entrevista, na que Ramón Albertus e Abe conversaron sobre a boa saúde do jazz en Galiza e as armonizacións que Abe fixo de discursos que marcaron historia dentro do activismo internacional, como o de Angela Davis ou, máis recentemente, o de Alexandria Ocasio-Cortez.

 

A televisión pública vasca adicou un apartado do seu informativo ao Jazz VG Club no que se poden ver uns instantes do concerto.

 

 

 

 

GALERÍA DE FOTOS DO CONCERTO

 

Fotos: Donca.

 

A actuación do Jazz VG Club foi o primeiro dos axendados desde que o goberno premitíu retomar a actividade en directo, e xa están previstas novas datas en distintas ubicación da Península.

 

O concerto será retransmitido o 19 de agosto a partir da medianoite na La2 de TVE.

 


COMPARTIR

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies