Abe Rábade
Pianista e compositor nacido en Compostela o 8 de setembro de 1977. Licenciado Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EEUU) no 1999. Conta con catorce discos como líder, tres composicións para grandes formatos, outras tres poético-musicais e unha decena de premios. Actúa con numerosas figuras de recoñecido prestixio internacional en múltiples concertos e festivais de todo o mundo. Ofrece masterclasses en distintos centros españois e portugueses. Actualmente, tamén é profesor en dous conservatorios superiores de música de Galiza e Portugal.
Abe Rábade
Pianista e compositor nacido en Compostela o 8 de setembro de 1977. Licenciado Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EEUU) no 1999. Conta cunha ducia de discos como líder, tres composicións para grandes formatos, outras tres poético-musicais e unha decena de premios. Actúa con numerosas figuras de recoñecido prestixio internacional en múltiples concertos e festivais de todo o mundo. Ofrece masterclasses en distintos centros españois e portugueses. Actualmente, tamén é profesor en dous conservatorios superiores de música de Galiza e Portugal.
9 CONTRA 4
ABE RÁBADE TRÍO
BIOGRAFÍA

Dirixe o seu trío de jazz acústico desde 1996, formado na actualidade por Pablo Martín Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería.
Formou o grupo Nordestin@s en 2006 xunto ás cantantes Guadi Galego e Uxía Pedreira. O disco homónimo foi un dos 100 máis vendidos no estado español no Nadal de 2006.
É autor dunhas 200 composicións orixinais (moitas de corte jazzístico, pero tamén varias achegadas á música experimental, á tradicional galega, ao flamenco ou á clásica).
Desde 2001 é codirector artístico (xunto a Paco Charlín) do Seminario Permanente de Jazz, na cidade de Pontevedra.
Forma parte do corpo docente da ESMAE (Porto, Portugal) desde 2009 e do CSM Galicia, desde 2019.
14 ÁLBUMS COMO LÍDER:
Babel de Sons (2001) no selo xingra
Simetrías (2002) no selo xingra
GHU! Project vol. 1 (2004) no selo Nuba + Karonte
Playing on Light -7 sounding photos (2006) no selo Nuba + Karonte
Open Doors (2008) no selo Nuba + Karonte
Piano Solo (2009) no selo Nuba + Karonte
Zigurat (2010) no selo Nuba + Karonte
A Modo (2012) no selo Nuba + Karonte
Versons (2013) no selo Nuba + Karonte
Tránsitos (2015) no selo Nuba + Karonte
Once (2016) no selo Nuba + Karonte
Doravante (2018) no selo Nuba + Karonte
Piano Solo (2020) no selo Nuba
Sorte (2020) no selo Nuba
COMPOSITOR PARA GRANDES FORMATOS:
Paseo dos Gafos (2014) -para Banda Sinfónica-. Estreada pola Banda de Pontevedra (dirixida por Juan Lois Diéguez) no Teatro Principal de Pontevedra.
Tránsitos (2015), -para Trío de Jazz e Orquestra Sinfónica-. Estreada pola Real Filharmonía de Galicia (dirixida por Paul Daniel) no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela).
Tempos Velados (2017), -para Piano, Coro de nenos, Coro mixto e Orquestra Sinfónica-. Estreada pola Real Filharmonía de Galicia (dirixida por Paul Daniel) no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela).
PRODUCIÓNS POÉTICO-MUSICAIS:
Rosalía 21 en 2008 (encomenda do poeta Anxo Angueira). Composicións orixinais -para recitado, voz e cuarteto de Jazz- a partir de poemas de Rosalía de Castro. O espectáculo foi estreado na Feira do Libro de La Habana (Cuba) en 2008, e o disco editado no selo Falcatruada.
Travessia dos Poetas en 2010 (para a cantante portuguesa Joana Machado). Composicións orixinais -para voz, piano trío e grupo de ventos- a partir de textos dos grandes poetas portugueses Fernando Pessoa, Nuno Júdice, Sophia de Mello Breyner, Herberto Helder e Ruy Belo. O disco foi editado por Nuba + Karonte.
Lorca Namorado en 2019. Composicións orixinais -para 5 voces masculinas e grupo híbrido de jazz, tradicional galego e flamenco- a partir dos Seis Poemas Galegos de Federico García Lorca. O espectáculo foi estreado na Praza da Quintana de Compostela en 2019.
MASTERCLASSES:
IKFEM (International Keyboard Festival and Master Class) – Eurocidade Tui / Valença, Galiza & Portugal, 2019
WIM (What is Music) – Frías, Burgos (España), 2019
Vila Jazz – Lousada (Portugal), 2019
Centro Superior de Música de Galicia – Pontevedra (España), 2019
Centro Superior de Música de Aragón – Zaragoza (España), 2019
IKFEM (International Keyboard Festival and Master Class) – Eurocidade Tui / Valença, Galiza & Portugal, 2018
Centro Superior de Música Creativa – Madrid (España), 2018
Jazz na Aldeia – Mouquim, Famalicão (Portugal), 2018
Seminario de Jazz y Música Moderna – Tenerife, Illas Canarias (España), 2017
IKFEM (International Keyboard Festival and Master Class) – Eurocidade Tui / Valença, Galiza & Portugal, 2017
IKFEM (International Keyboard Festival and Master Class) – Eurocidade Tui / Valença, Galiza & Portugal, 2016
Seminario Internacional de Jazz y Música Latina en el Palau de la Música de Valencia – Valencia (España), 2016
Seminario de Jazz y Música Moderna – Tenerife, Illas Canarias (España), 2015
IKFEM (International Keyboard Festival and Master Class) – Eurocidade Tui / Valença, Galiza & Portugal, 2015
Instituto Contrapunto – Oaxaca (México), 2015 – Vídeo de youtube con máis de 8.000 visitas.
IKFEM (International Keyboard Festival and Master Class) – Eurocidade Tui / Valença, Galiza & Portugal, 2014
Centro Cultural El Farolito – San José de Costa Rica (Costa Rica), 2013
Savassi, Belo Horizonte (Brasil), 2013
Jazz It Up Workshop – Macao, (China), 2013
Universidade de Aveiro – (Portugal), 2013
Centro Cultural de España en México D.F. – (México), 2013
Seminario Internacional de Jazz y Música Latina no Palau de la Música de Valencia – Valencia (España), 2012
Asociación ProJazz – Santiago de Chile, (Chile), 2011
Seminario Internacional de Jazz y Música Latina no Palau de la Música de Valencia – Valencia (España), 2009
Tavira em Jazz – Algarve (Portugal), 2006
Tavira em Jazz – Algarve (Portugal), 2005
Seminario Internacional de Jazz y Música Latina no Palau de la Música de Valencia – Valencia (España), 2005
Universidade Federal do Brasil – Salvador de Bahía (Brasil), 2004
IASJ Jazz Meeting in Pop & Jazz Conservatory – Helsinki (Finlandia), 2002
IASJ Jazz Meeting in Berklee College of Music – Boston (EEUU), 2001
Seminario Internacional de Jazz y Música Latina no Palau de la Música de Valencia – Valencia (España), 1999
ALGÚNS DOS MÚSICOS COS QUE ACTUOU O GRAVOU:
Miguel Zenón, Bob Mintzer, Jesús Santandreu, Perico Sambeat, Chris Kase, Avishai Cohen, Alan Ferber, Toni Belenguer, Kurt Rosenwinkel, Nuno Ferreira, Antonio Serrano, Albert Sanz, Salvador Sobral, Arcñangel, Davide Salvado, Guadi Galego, Carlos Barretto, Paco Charlín, JavierColina, Terri Lyne Carrington, Bill Goodwin, Jeff Williams, Skip Hadden, Jeff Ballard e Mário Barreiros.
Tocou na maioría de Festivais de Jazz do estado español e ofreceu concertos en Estados Unidos, Francia, Alemaña, Suíza, Finlandia, Portugal, Marrocos, Cuba, Brasil, Chile, El Salvador, Costa Rica, Guatemala, México e China.
PREMIOS
PREMIO MARTÍN CÓDAX
Na Categoría de Jazz e Músicas Improvisadas no 2013.
PREMIO UFI
Ao Mellor Disco de Jazz -“Zigurat” no 2011.
PREMIO CUNCA DAS ARTES
Na especialidade de Música, concedido por la Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesas no 2009.
PREMIO AULA X AO MELLOR SOLO
Nas “X Jornadas sobre Jazz de la UNED” (Melilla) no 2007.
PREMIO DE MÚSICA GALEGA “LA OPINIÓN”
1º premio na VI Edición – ”Nordestin@s” no 2007.
PREMIO TETÉ MONTOLIU
Ao Pianista Revelación en España, concedido por SGAE no 2001.
CONCURSO INTERNACIONAL DE GRUPOS DE JAZZ DE GETXO
2º Premio no Concurso Internacional de Grupos de Jazz de Getxo (Euskadi) -Abe Rábade Trío- no 2000.
CLAIRE FISCHER AWARD
De Berklee College of Music no 1999.
PIANO PERFORMANCE AWARD
De Berklee College of Music no 1999.
LIBERACE FOUNDATION AWARD
De Berklee College of Music no 1997.
PREMIOS
PREMIO MARTÍN CÓDAX
Na Categoría de Jazz e Músicas Improvisadas no 2013.
PREMIO UFI
Ao Mellor Disco de Jazz -“Zigurat” no 2011.
PREMIO CUNCA DAS ARTES
Na especialidade de Música, concedido por la Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesas no 2009.
PREMIO AULA X AO MELLOR SOLO
Nas “X Jornadas sobre Jazz de la UNED” (Melilla) no 2007.
PREMIO DE MÚSICA GALEGA “LA OPINIÓN”
1º premio na VI Edición – ”Nordestin@s” no 2007.
PREMIO TETÉ MONTOLIU
Ao Pianista Revelación en España, concedido por SGAE no 2001.
CONCURSO INTERNACIONAL DE GRUPOS DE JAZZ DE GETXO
2º Premio no Concurso Internacional de Grupos de Jazz de Getxo (Euskadi) -Abe Rábade Trío- no 2000.
CLAIRE FISCHER AWARD
De Berklee College of Music no 1999.
PIANO PERFORMANCE AWARD
De Berklee College of Music no 1999.
LIBERACE FOUNDATION AWARD
De Berklee College of Music no 1997.