top of page

DISCOGRAFÍA

Abe Rábade leva publicados dezaseis traballos discográficos como líder. 

Tempo de Cor (2024) en Karonte, é o seu álbum máis recente.

1659544124658.jpg

Abe Rábade presenta o seu novo traballo, o décimo sexto da súa carreira, xunto coa súa habitual sección rítmica; Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería.

 

TEMPO DE COR, editado polo selo Karonte, é un disco temático sobre a psicoloxía da cor. Sete cancións orixinais inspiradas no poder evocador do vermello, o laranxa, o amarelo, o verde, o azul, o morado e o branco invitan ao oínte a deixarse ​​bañar nun xogo sinestésico que combina son e imaxe mental.

 

Durante o proceso creativo, Abe contou coa colaboración da artista plástica Beatriz Sáa, que traballa a cor como textura e elaborou unha base pictórica que acompaña a obra na súa versión de gravación física, en soporte virtual e en escena.

 

O cineasta galego Alfonso Zarauza firma unha cautivadora ersión audiovisual do primeiro sinxelo do disco; Ollada Serena

Karonte, 2024

BOTÁNICA está composto por 14 composicións orixinais adicadas á vexetación autóctona de Galicia e conforman un campo de visión aberto ao mundo que funde o rural co urbano.

A escrita musical e o piano de Abe Rábade atópanse coa voz e a percusión tradicional galega dun dos máis prestixiosos valores da actualidade: Davide Salvado.

Daniel Juárez ao saxo tenor, Virxilio da Silva á guitarra Ton Risco ao vibráfono, Jimena Andión ao cello, Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Naíma Acuña á batería completan un colectivo artístico heteroxéneo, baseado na integración de estéticas musicais e na exploración libre de prexuízos.

Nuba / Karonte, 2022

SORTE está conformado por 12 composicións orixinais, con Abe Rábade ao piano, Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería.

Coa suxerente idea-forza da Sorte como “grupo de elementos que emerxeron por medio do azar”, cada peza do álbum representa un estado de ánimo ou unha fonte magnética de inspiración. O abano estético do material vai desde a música clásica ao blues, pasando pola influencia da música tradicional de Galiza, a experimentación tímbrica de vangarda e, por suposto, os elementos interactivos e espontáneos tan propios do jazz. 

Nuba / Karonte, 2021

1659544124658.jpg

Piano Solo​ _ 2020 ​ é un EP gravado durante a pandemia de 2020 no estudio ​Arda ​Recorders​ en Porto (Portugal), ​nun piano Fazioli F278.

Carlos Fuchs foi o enxeñeiro de son do proxecto.

​Nuba / Karonte ​2020

A ​peza​ "Revolutionary" deste álbum é a harmonización​ a piano solo ​ dunha entrevista ​a Angela Davis feita en 1970​.​ ​I​nclúe un clip de vídeo.

Este tema foi presentado 50 años despois diante da á propia Angela Davis​ no Festival de Jazz de Monterey (California)​.  

Nuba / Karonte, 2018

ONCE ​foi gravado por:​

Abe Rábade (piano)
Pablo Martín Caminero (contrabaixo)
Bruno Pedroso (batería)

Nuba ​/ ​Karont​e​, 2016

1659544124658.jpg

Tránsitos ​é unh​a obra sinfónica en catro movementos escrita por Abe Rábade, co seu Trío​ como solista ​xunto á Real F​i​lharmonía de Galicia.

​Estreouse o 30 de abril de 2015 baixo a direción de Paul Daniel no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela).

Tránsitos ​profundiza na simbiose entre a música sinfónica e o jazz​;​ sen renunciar á extraordinaria variedade tímbrica que ofrece a orquestra nin á creación musical en tempo real que ofrece un trío de Piano Jazz.

Nuba ​/​ Karont​e​, 2015

"Versons" mantén a formación clásica do trío:

Abe Rábade (piano)

Pablo Martín Caminero (contrabaixo)

Bruno Pedroso (batería)

Nuba / Karonte, 2013

9 contra 4​, posiblemente o tema máis coñecido de Abe Rábade, está neste disco.

Abe Rábade ​ten​ unha anécdota sobre o tema Carmencita (incluído tamén neste álbum). Escoita pinchando aquí

Podes ler a reseña do disco facendo clic aquí.

Nuba / Karonte, 2012​

1659544124658.jpg

Premio de La Música Independiente en 2011 ó Mellor disco de Jazz do ano. 

 

Tratase do séptimo álbum de Abe Rábade como líder e o primeiro coa súa nova sección rítmica estable; Pablo Martín Caminero (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería).

Podes ler a reseña de EL PAIS premendo aquí.

Nuba / Karonte, 2010

Primeiro disco a Piano Solo de Abe Rábade. Contén a música orixinalmente composta para un espectáculo de Jazz e Ilusionismo chamado "Jazzia". Tamén inclúe o tema "O Futuro da Memoria".

Nuba / Karonte, 2009

Volume 2 deo​ Abe Rábade GHU! Pro​ject 

​O disco​ está​ ilustrado polo​ artista​ galego​​ Deli Sánchez.

Todas as composicións musicais​ son de​ Abe Rábade, excepto a #8​, Inner Urge, de​ ​Joe Henderson.​

​Formación​:

Chris Kase (trompeta e fliscorno)
Perico Sambeat (saxo alto)
Jesús Santandreu (saxo tenor)
Alan Ferber (trombón)
Abe Rábade (piano)
Nelson Cascais (contrabaixo)
Bruno Pedroso (batería)

Nuba ​/​ Karont​e​, 2008

1659544124658.jpg

Gravación de estudio do proxecto poético-musical presentado na Feira do Libro de La Habana (Cuba) en 2008, no que Abe Rábade  musicou textos de Rosalía de Castro​.

 

Formación:

Anxo Angueira (voz recitada)
Guadi Galego (voz cantada)
Jesús Santandreu (saxo tenor)
Abe Rábade (piano e direción musical)
Nelson Cascais (contrabaixo)
Bruno Pedroso (batería)

 

​Falcatruada​, 2008​

Terceiro álbum do Abe Rábade Trío​​ no que 7 fotografías en branco e negro de autores como Mitsuaki Iwago, Paul Caponigro o Ralph Gibson son a inspiración para as composicións musicais.

​Formación:

​​

Abe Rábade (piano e fender rhodes [#3])
Paco Charlín (contrabaixo)
Bruno Pedroso (batería)

Nuba ​/​ ​K​aronte, 2006

Todos os arranxos musicais son de Abe Rábade e a composición grupal é a seguinte:

Guadi Galego (voz)
Ugía Pedreira (voz)
Abe Rábade (piano)

Falcatruada, 2006

1659544124658.jpg
1659544124658.jpg

Todas as composicións musicais son de Abe Rábade, excepto:


#6 de Wayne Shorter / arranxo: Abe Rábade
#9 de Thelonious Monk

A composición grupal deste disco é:

Chris Kase (trompeta e fliscorno)
Jesús Santandreu (saxo tenor)
Abe Rábade (piano)
Paco Charlín (contrabaixo)
Ramón Ángel (batería)
Michel González (guitarra #1 e #8)

Nuba / Karonte, 2004

Todas as composicións musicais son de Abe Rábade excepto a #10 de Oswaldo Farrés.

A composición grupal é a seguinte:

Abe Rábade (piano)
Paco Charlín (contrabaixo)
Ramón Ángel (batería)

Xingra, 2002

Gravado ao vivo no Festival de Jazz de Getxo (Euskadi)

Todas as composicións musicais de Abe Rábade excepto a #2 de Tete Montoliú.

Formación:

Abe Rábade (piano)

Paco Charlín (contrabaixo)

Ramón Ángel (batería)

Xingra, 2001

bottom of page