abe rábade trío
Abe Rábade presenta o seu novo traballo, o décimo sexto da súa carreira, xunto coa súa habitual sección rítmica; Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería.
TEMPO DE COR, editado polo selo Karonte, é un disco temático sobre a psicoloxía da cor. Sete cancións orixinais inspiradas no poder evocador do vermello, o laranxa, o amarelo, o verde, o azul, o morado e o branco invitan ao oínte a deixarse bañar nun xogo sinestésico que combina son e imaxe mental.
Durante o proceso creativo, Abe contou coa colaboración da artista plástica Beatriz Sáa, que traballa a cor como textura e elaborou unha base pictórica que acompaña a obra na súa versión de gravación física, en soporte virtual e en escena.
O cineasta galego Alfonso Zarauza firma unha cautivadora versión audiovisual do primeiro sinxelo do disco; Ollada Serena.
E cada cor baila a nosa luz agarrada á nosa sombra.
Abe Rábade, 2024
Videoclip de Tempo de Cor
Tempo de Cor
en Karonte Records
Abe Rábade, piano e composición
Pablo Martín Caminero, contrabaixo
Bruno Pedroso, batería
gravado en Camaleon Music Studio (Madrid)
enxeñeiro de son: Diego Román
mesturado e masterizado nos MB Studios (Aguda, Portugal)
enxeñeiro de son: Mário Barreiros
Kawai KX7 Piano set up e tuning: Eduardo Muñoz
Pinturas e pintura corporal: Beatriz Sáa
Deseño de Album: Arturo Iturbe
Deseño web: Amphilocos. Xestión Cultural e Deseño