abe rábade
BOTÁNICA está composto por 14 composicións orixinais adicadas á vexetación autóctona de Galicia e conforman un campo de visión aberto ao mundo que funde o rural co urbano.
A escrita musical e o piano de Abe Rábade atópanse coa voz e a percusión tradicional galega dun dos máis prestixiosos valores da actualidade: Davide Salvado.
Daniel Juárez ao saxo tenor, Virxilio da Silva á guitarra Ton Risco ao vibráfono, Jimena Andión ao cello, Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Naíma Acuña á batería completan un colectivo artístico heteroxéneo, baseado na integración de estéticas musicais e na exploración libre de prexuízos.
O álbum é o número 15 na discografía de Abe Rábade. BOTÁNICA preséntase ao vivo en Santiago de Compostela o día 24 de Setembro, no Parque de Bonaval.
Bailan a modiño co espazo comendo a propia luz.
Viven sen plan previo con sinais do seu ambiente.
Lentura e silencio.
Abe Rábade, 2022
"O pianista compostelán, nas súas dúas décadas de busca sempre inqueda nunca chegara tan lonce, en esplendor e sofisticación, como con Botánica. Porque aquí a sintaxe non é só jazzística, senón tamén tradicional, folclórica e achegada á música de cámara"
Fernando Neira, Un disco al día
Videoclips de BOTÁNICA
"¡Abe Rábade segue en estado de gracia e con brillantes ideas propias!"
Txema Mañeru, Orpheo
As letras de BOTÁNICA
MENICÑEIRA NÚA
(letra: Abe Rábade & popular)
Miña nai e maila túa
coñecen as herbas boas
déixalles logo apañalas
que quiten as penas todas.
Miña nai quere unhas zocas
branquiñas de bidueira
mándamas vir de Vilalba
daquelas que hai chinela.
FREIXO
(letra: popular & Daniel Pardo)
Alo enriba naquel monte
hai un pozo de auga crara
onde a Virxe da Franqueira
lava os pés e maila cara
Mira como o Freixo brila
as súas follas son douradas
luce o seu corpo de prata
negros gromos nas súas gaias
ai la la la la la la la
ai la la la la la la la
Subín á árbore da vida
fun quen eu quería sere
gabeei, cheguei aao alto
enxerguei o meu querere
ai la la la la la la la
ai la la la la la la la
Cantarei pola túa vida
tu. que bailas con bo xeito
de meniño que me miras
entre as poliñas do freixo
ai la la la la la la la
ai la la la la la la la
As ramiñas desta fraga
ee a follaxe deste leito
son ás pra te aloumiñare
son pés para bailar con xeito
ai la la la la la la la
ai la la la la la la la
HERBA ALTA
(letra: popular)
E as herbas do campo secan
e volven a enverdecere
así fan os amores vellos
cando se volven a veren
ai la la la la la la la
ai la la la la la la la
A herba de namorare
a herba namoradeira
a herba de namorare
tráigoa na faltriqueira
tráigoa na faltriqueira
ai la la la la la la la
ai le la le la
le la le la
le la le le la
le la le la
le la le la
le la le le la
le la le la le
A FOLLA DA CASTIÑEIRO
(letra: Abe Rábade & popular)
Ai a folla do castiñeiro
ai cando está verde non roxe
ai chámanlle tempo perdido
ai a andar atrás de quen foxe
Ai o castiro de Liúlfe
ten a folla revirada
ai que lla revirou o vento
ai nunha mañá de xiada
Se a puntada vai sen fío
non lle teñas tanto medo
ai o tempo leva unha agulla
ai que cose ou pincha nos dedos
As pedras que move o río
non as dá levado o vento
o recordo ten unha chave
ai que abre as portas do tempo
NARCISO
(letra: Ovidio Nasón, traducido por José Antonio Dobarro)
Eu son ti, xa o sei, non me engana a miña imaxe,
ardor de amor por min en lapas que prendo e padezo.
Quen son? Sedutor? Seducido? Cal sedución esta miña?
En min está o meu querer, a riquerza mísero faime.
Ai se puidese, oxala, do corpo meu deprenderme!
Estraña arela de amante, do que amo arredar quererme.
Tórname feble esta pena, xa non me queda na vida
longa estadía, porque agonío na idade primeira.
Morrer non me pesa,
se hei de deixar con morrer esta pena.
FAIA
(letra: Richard Aldington, traducido por Abe Rábade)
A faia ten follas de prata
por falta de sangue nas ponlas
Durante o teu bico os meus beizos
en follas de faia se tornan
CASTAÑA
(letra: popular)
A castaña no ourizo
eu ben sei o que ela fai
Se é pequena ela medra
se é madura ela cai.
TEIXO
(letra: Abe Rábade)
Foivos no Monte Medulio
uns anos antes de Cristo
cando os galaicos quixeron
no canto de ser escravos
renunciar á propia vida
co cruel veleno do Teixo
O Teixo colle os segredos
que un morto non dixo en vida
soben primeiro da terra
chegan despois ata aas ponlas
e acaban libres ao vento
cando saen polas follas
AMOR DE RAÍZ
(letra: popular)
Salgueiro prende de ponla
amieiro de raíz
amores que foron doutro
non valedes para min
Laranxeira dos cen anos
bota raíces de prata
tomar amores non custa
olvidalos si que mata
AMORES DE PONLA
(letra: Abe Rábade & popular)
Prende! Salgueiriño, prende!
Prende! Salgueiriño, prende!
Prende na fonte serea
Tamén os meus ollos prenden
Tamén os meus ollos prenden
Nas miradas dunha nena
Prende! Salgueiriño, prende!
Prende! Salgueiriño, prende!
Prende na fonte sen medo
Tamén os meus ollos prenden
Tamén os meus ollos prenden
Nas miradas daquel neno
CORTIZA
(letra: Abe Rábade, locución: Belén Tajes)
Robert Hooke descubriu asa células en 1665 observando
cun microscopio rudimentario un pedazo de cortiza.
Viu que a cortiza estaba composta por cavidades poliédricas
e chamoulles células, lo latín "cellula": habitación pequena.
CARBALLESA DE DUIR
(letra: popular)
I
Antoniño se te fores
déixame unha relembranza
en cada carballo verde
un ramiño de esperanza
II
Nunca vin carballo torto
botar a rama dereita
nunca vin home casado
traguer a barba ben feita
B O T Á N I C A
en Karonte Records
Abe Rábade, piano e composición
Davide Salvado, voz e percusión
Daniel Juárez, saxo tenor
Virxilio da Silva, guitarra
Ton Risco, vibráfono
Jimena Andión, cello
Pablo Martín Caminero, contrabaixo
Naíma Acuña, batería
bailador: Miguel Pardo de Castro
gravado en Camaleon Music Studio (Madrid)
enxeñeiro de son: Frank Lozano
mesturado e masterizado nos MB Studios (Aguda, Portugal)
enxeñeiro de son: Mário Barreiros
gravacións de vídeo: Noah Shaye e Xacobe Meléndrez
edicións de vídeo: Gabriela Nashe e Nuno Meneses (Whale's Mouth)
community manager e deseño web: Amphilocos. Xestión Cultural e Deseño
contratación e representación de Abe Rábade: bles@produccionesbles.com