top of page

Voces harmonizadas

A oralidade é, indiscutiblemente, unha das fontes máis ricas da expresividade humana. Tendo isto en conta, escoitar, imitar, transcribir (e chegado o momento interpretar en tempo real ou incluso harmonizar) fragmentos de oralidade supón un estudio a fondo de recursos expresivos, que acaba por ter un retorno espectacular na música “convencional”.

  

Isto foi ben sabido polo grande Hermeto Pascoal, un dos pioneiros desta técnica. El bautizou estas transcricións/harmonizacións co elocuente nome de “Aura da Voz”.

  

Abe Rábade leva feita unha experimentación neste campo desde o ano 2008.  As pezas van do humorístico ao poético pasando polo reivindicativo, trascendente e aleatorio.

Colección Completa

Cada noite eu chorando pensaba

Poema de Rosalía de Castro recitado por Anxo Angueira. Esta transcrición / harmonización foi un traballo conxunto co compositor e saxofonista valenciano Jesús Santandreu. Está editada no disco “Rosalía 21” (Falcatruada, 2008). 

Gotas

Transcrición de pingas de auga caendo nunha bañeira. Aínda sen ser unha transcrición de oralidade intencionada e ter un carácter completamente aleatorio polo tanto, Gotas segue sendo un exemplo de “música atopada onde a priori non parecía haber música” e por iso a incluímos nesta colección. A peza está editada no disco de Abe Rábade Trío Once (Karonte, 2016)

Quadras III

Poema de Nuno Júdice recitado por Joana Machado. Esta transcrición foi arranxada por Abe Rábade para grupo de cámara con piano e editada no disco Travessia dos Poetas, un traballo da cantante portuguesa Joana Machado (Karonte, 2011)

Chiste do preso

Transcrición/harmonización dun chiste do humorista andaluz Chiquito de la Calzada.

Frente a las insidias

Transcrición da popular Cristina Cifuentes en 2018, cando amosaba “documentación” sobre o seu máster na súa defensa.

Proporcional y proporcionada

Transcrición da popular Soraya Sáenz de Santamaría na súa comparecencia tras as actuacións policiais do 1 de outubro de 2017 en Catalunya.

Eso es el mercado, amigo

Transcrición da célebre frase de Rodrigo Rato.

Voy a hablar con absoluta claridad

Dúas transcricións do expresidente do goberno Mariano Rajoy, meténdose nos seus clásicos xardíns comunicativos.

Revolutionary

Transcrición harmonizada da histórica activista estadounidense Angela Davis. Nunha entrevista no cárcere no ano 1970 transmite dunha maneira elocuente a súa visión sobre o que significa ser unha revolucionaria. En Setembro de 2019 Abe Rábade tivo a honra de poder tocar en directo para o público do Festival de Jazz de Monterei esta peza, a tempo real coas imaxes proxectadas no escenario, estando a propia Angela Davis entre o público.

Alexandria Ocasio - Cortez on Police Budgets

Transcrición harmonizada da política estadounidense AOC na que expresa a aberrante realidade dos desproporcionados presupostos en forzas de seguridade e armamento nos EEUU.

Krishnamurti on Breaking Habits

Transcrición harmonizada do filósofo místico Jiddu Krishnamurti sobre a maneira de romper os malos hábitos. As imaxes son dunha conferencia en Brockwood Park, en 1983.

Maria Homem sobre o Amor

Transcrición harmonizada da psicanalista brasileira Maria Homem na que dá a súa visión sobre o amor.

bottom of page