Novo disco: Doravante

Doravante é o novo álbum de Abe Rábade, o número 12 del como líder. Nel conviven cinco composicións orixinais, dúas versións da música tradicional galega, dous standards de jazz, un clásico da música cubana e a transcrición harmonizada dun discurso falado.

Abe Rábade fundou o seu primeiro trío acústico en Boston no 1996 e explora desde entón as posibilidades expresivas desta formación. Na actualidade, tras dez anos xunto a Pablo Martín Caminero e Bruno Pedroso, o trío practica un rico eclecticismo onde se atopa a pegada da música tradicional de Galiza, o jazz máis ortodoxo, giños ao R&B, a experimentación rítmica e conceptual máis arriscada, as influencias das músicas clásica, flamenca, afrocubana e un xeneroso oco sempre para o inesperdado en cada concerto e gravación. A discografía do grupo acumula títulos como “Babel de Sons”, “Simetrías”, “Playing on Light”, “Zigurat”, “A Modo”, “Versons”, “Tránsitos” (Trío & Orquestra Sinfónica) “Once” e o presente “Doravante”. Abe Rábade tocou en países como Estados Unidos, China, Marrocos, Alemania, Portugal, Francia, Brasil, Costa Rica, Chile, México, Guatemala ou El Salvador.

Abe Rábade (piano)
Pablo Martín Caminero (contrabajo)
Bruno Pedroso (batería)