Bergantiños

a06.gif

Veño de pasar dous días por Bergantiños co amigo Serxio Moreira. Visitamos o Refuxio de Verdes con todos aqueles muíños integrados no sonoro río Anllóns. Esa noite houbo percorrido ata altas horas por Laxe, Malpica e Ponteceso. Boa onda!! Ó día seguinte, despois dun bacallau impoñente, houbo tempo de dixerilo coa nosa subida cal cabras tolas ós Penedos de Pasarela (facía tempo que non practicaba eu a escalada agreste e a verdade é que teño maniotas aínda…). Máis tarde fomos ó Cabo Vilán. Fermoso desde logo, pero bastante impresentables todos os rótulos de alí que incluían varios Cabo Villano (villanos do idioma son eles). De volta pasamos por Camariñas en plena exaltación dos seus encaixes. Moi recomendable a taberna kitsch O Curveiro. E xa chegando a Cabana de Bergantiños parada no Dolmen de Dombate…

dombate.jpeg

E nos Castros de Borneiro…

borneiro.jpeg

Impresionante comprobar os lugares tan especiais elixidos para a morte e a vida hai 3000 anos.

Volvemos á noite a Compostela, como non, Dado Dadá onde estivemos ata altas horas o Serxio, Ferro, Androtxo, Álex e despois de tanto tempo o Géber (que marchaba directo ó aeroporto nunhas horas).
Minivacacións moi enxundiosas. Graciñas Moreira!!

Composite Chart

astro_acc_01_02_iria_s_abe_r_hp7110612556.gif

Don’t Blame Me

Ó divino lévasme evaporado,
sen camiño de pedras
nin guías.

vapor.jpg

Non nos entenden, non

Se España existise realmente, habería necesidade de envolverse nos seus símbolos cada fin de semana? Excusatio non petita, acusatio manifesta. Definitivamente, creo que España non existe.
esp.jpg

The Godfather of Soul

De viaxe con Marc Ayza e Tom Warburton polas pistas de Girona buscando Estudio 44.1 oíndo a Mr Dynamite…
E outra viaxe…. mmmmmmmmm (eu quero que entres….)

brown.jpg

One-two One-Two-Three uh!

Hot pants- hey hot pants uh! smokin
Hot pants- smokin that-hot pants

Thats where its at a-thats where its at
Take your fine self home
It looks much better than time
My fever keeps growin
Girl youre blowin my mind

Thinkin of loosin that funky feelin dont uh!
Cause you got to use just what you got
To get just what you want-a
Hey hu!
Hot pants! hey! hot pants smokin!
Hot pants make ya sure of yourself -good Lord
You walk like you got the only lovin left hey
So brother- if youre thinkin of loosin that feelin
Then dont- ha
Cause a woman got to use what she got
To get just what she wants hey!
Hey hotpants
A-look a-hot pants wont make ya dance
But as slick as you are-ah! YOU make the pants
Uh! hey brother- do ya like it?
The girl over there with the funky pants on ha!
She can ah! do the chicken all night long
The girl over there with the hot pants on uh!
She can do the Funky Broadway all night long

The girl over there with the hot pants on
Filthy MacNasty all night long
Get down hu! the one over there
With the mini dress ha!
I aint got time- I still dig that mess
Get down! but I like the hot pants
Hey! I like a hot pants

(Short Instrumental)

Ooooh! Bring it home!
One more! Hit me! Aaay!

Bring it home! Bring it home!
Oh uh! Bring it on home
Bring it on home…

*another verse on some recordings
Bring it on home, Hot Pants, I dig ridin or walkin
I be mellow- they give me fever- like any other fella
The Hot Pants I dig ridin or walkin
Be mellow they give me the fever like any other fella
My temperature is goin up- about to give me a fit

Corazóns de Xabón

Se as bágoas foran de prata
fluirían libremente polas caras tristes
e se nobres penas as forxaron nos ollos
son fondas riquezas que non deben ser secadas.

Se os corazóns foran de xabón
quereriamos tocar lentamente os seus perfumes
e con auga nas dúas mans da alma
nacería suave escuma namorada.

Se as olladas foran música
buscariamos o rostro máis fermoso da terra
e mirándose os ollos fixamente
tocarían notas longas a dúas voces.

bagoas.jpg

Vicios

psico.jpg

A sicoloxía un vicio? Creo que sí, definitivamente. Non hai demasiada diferencia entre ler as Máximas e Dardos de Nietzsche e xogar aos videoxogos. A fin de contas, o exterminio de enimigos virtuais conséguese dos dous xeitos.

video.jpg

Birth of the Cool

O hábito fai ó Monxe
na espera polo día do Renacemento:

o día que transforma as Cruces
en monicreques debuxados
nas delicadas servilletas dun café,

o día que anuncia a saída obrigada
de Tempos Modernos
cara unha casa onde xa non caen as paredes,

o día que quere reter os bicos na comisura
coas miradas mimosas
e o sexo mitificado,

o día que pon fin a un corto
no que o primeiro sorbo foi riquísimo
pero os créditos non levaban os nosos nomes,

o día que zanxa o debate aberto
sobre Deus e a Carne
na barbacoa do silencio.

despedida forzosa ou benvida casual
ás roseiras con pico sacro.

roseira.jpg

Collage

piano.jpg

Un pianista soñaba ser un home libre. Ergueuse e non sabía se era un pianista que soñara ser un home libre ou un home libre soñando ser un pianista (porque o número 88 é demasiado retorto como para non enganarte e ten demasiadas curvas como para deixarte tranquilo, coma neste plaxio do soño de Chuang-Tzu).
Os músicos xogamos con lume, ás veces sen sabelo. A música é forma, a máxima aspiración das artes. O son non se ve nin se toca nin se ule nin se posúe, é inmaterial, pero ten forma e……conmove o espírito, (conmove o espírito?) O músico, eterno aspirante a bruxo, afánase na busca do conxuro invisible e intocable. Outros xa o fixeron. A paixón fai nova a vella medicina.
Pero a música ten moito de código. Chega a enredarte e a enganarte con crípticas verdades cientifistas que xa non son do aire, que xa non son das almas. Parece que aínda hai crise e o mestre segue a ter razón:

“A arte segue polo camiño do “como”, especialízase, só é comprensible ós mesmos artistas, que comezan a queixarse da indiferencia do espectador cara as súas obras. Como nestas épocas o artista non precisa dicir moito e resalta e sobresae por un mínimo de “diferencia” que aprecian determinados círculos de mecenas e coñecedores ( o que pode traer consigo grandes beneficios materiais!! ), un grande número de persoas superficialmente dotadas e hábiles lánzanse sobre a arte que aparentemente se conquista con tanta facilidade. En cada “centro cultural” viven miles e miles destes artistas, dos que a maioría non busca máis que un novo xeito de crear millóns de obras de arte sen entusiasmo, co corazón frío e a alma durmida.”

-Vasili Kandinsky-

kandinsky.jpg

En Berklee College (Boston), había 100 cabinas para estudiar piano, sempre ocupadas. Estaban na mesma planta e tiñan escasa insonorización. O resultado sonoro era a obra máis “aleatoria”, “creativa” e “novedosa” nunca escoitada: 88.000 teclas en movemento provocando CAOS. Atravesando aquel corredor decateime de que a “orixinalidade” era un valor á baixa nisto das artes.
Tódolos pianistas que practicabamos alí habitualmente, tapabamos cos abrigos a estreita ventá de cada cabina por aquelo da vergoña a tocar mal e ser visto (xa che digo….) Iso sí, cando un tiña a seguridade de poder interpretar algo con solidez, axiña buscaba un deses cuartos moi visibles, con amplas vidreiras que ás veces quedaban abertos por despiste dos bedeis. Aquelo supuña abrir a túa música, amosala, deixar de lado o escurantismo das cabinas.
Recordo un día no que me colei nunha desas luminosas aulas para tocar Hallucinations de Bud Powell. Estivera preparando unha versión a stride-piano que me costara moito traballo. Levaba 2 ou 3 coros de tema cando apareceu Jane, a bedel máis temible e estricta de toda a Berklee. Achegouse ó piano e berroume que naquelas aulas non se podía tocar, que estaba prohibidísimo, que xa o sabía de sobra e que….pero algo había no tema de Bud Powell (espero) que lle fixo baixa-lo ton de voz e nun piano súbito díxome que seguira tocando. Recordo interpreta-lo final máis tembloroso de Hallucinations para os oídos de Jane (máis coñecida como a sarxento do front-desk) e vislumbrar un sorriso naquela desaborida cara.
A música ten estas cousas, un poder que se nos escapa ós que a tocamos, un poder que aspiramos a conquistar por sabermos que está relacionado directamente cunha ampla gama de emocións e sentimentos.

Ogallá foramos magos.

Ogallá os destructores de pobos e persoas puidesen tocar a Aria das Variacións Goldberg de Bach, só ata a primeira
cadencia, calcando a última versión de Glenn Gould. Creo que algo mudaría.
gould.jpg

Ogallá todos imitaran os desgarros de Camarón,
camaron.jpg
os choros de John Coltrane en visceral lirismo,
trane.jpg
que todos asistiran á primavera de Bill Evans.
evans.jpg

No fondo e na forma. E sería todo distinto? Un quere pensar que sí.

Poñerlle precio a un concerto é surrealista. Teño un amigo mago que deixaría o ilusionismo se cobrara por facelo. Igual ten razón. Tocas 7 temas, divides o caché por selección e vas calculando cantos euros custa cada frase dos teus solos. Visto así, parece un reloxio brando de Dalí. Os cartos, ai! os cartos.
Pero tocar vale a pena, anque algunhas cousas non cheguen a ter explicación ou algúns acontecementos cho fagan pasar mal ás veces, recordándoche o clasista que é esta sociedade ou o moito que algunha xente se aburre (a figura do temible ocioso): “analistas” con afán de protagonismo que falan (mal) das persoas e non da música nas críticas discográficas; e demais obscenidades en forma de condena….
Con todo, esta arte profesional ou profesión artística (quen sabe) é un camiño bastante agradable,

AQUILES: E hai unha meta?
TARTARUGA: A meta é o proceso.

aqui_tarta.jpg

Piano? Música?

98%___________MAXIA
2%___________TRABALLO

Un soamente pode (e debe) responsabilizarse do traballo e do estudio, proceso purificador, ás veces costa arriba, pero sempre necesario.
En certa ocasión, un xornalista ocioso preguntoulle a Picasso:

Vostede espera a Inspiración para crear?

El contestoulle:

-Non teño o pracer de coñecer a esa dama, pero cando veña polo estudio, seguro que me atopa traballando.