Biografía

Nacín en Compostela o 8 de Setembro de 1977. Comecei a estudar música con 4 anos no Conservatorio Histórico de Santiago, onde a iniciación se impartía co método Kódaly -un xeito de aprendizaxe no que priman a creatividade e a intuición por riba de todo-. Seguinme formando no centro de jazz “Estudio escola de música”, tamén en Compostela. Estudiábase o solfexo con standards de jazz e aló descubrín que a improvisación podía ser a expresión máxima desta forma de arte chamada música. No ano 1995 proseguín os meus estudos en EEUU, onde obtiven unha licenciatura Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EUA) en 1999. En 2000 voltei á cidade onde sempre quero seguir voltando: Santiago de Compostela.

Son músico porque penso que a música é unha das máis poderosas canles para a comunicación emocional e abre a vía da intuición. Tento non perder nunca de vista estes factores naqueles proxectos que emprendo.

O meu primeiro instrumento é o piano, o segundo a batería. Tamén compoño música e son docente. Desde 1996 dirixo un trío de jazz acústico, que está formado na actualidade por Pablo Martín Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Tamén adoito facer concertos e gravacións con formatos musicais máis amplos; quinteto e septeto principalmente.

Estes son os álbums que levo editados ata agora como líder:

Babel de Sons (2001) / xingra
Gravación a trío con Paco Charlín no contrabaixo e Ramón Ángel na batería. É un directo que recolle a actuación galardoada co 2º premio do Concurso Internacional de Grupos de Jazz de Getxo (Euskadi).

Simetrías (2002) / xingra
Gravación coa mesma sección rítmica que en “Babel de Sons”. Foi estreado no Festival de Jazz Plaza de La Habana (Cuba).

GHU! Project vol.1 (2004) / nuba records – karonte
O meu primeiro disco para Nuba Records / Karonte, discográfica coa que sigo vencellado. No álbum participaron Chris Kase (trompeta), Jesús Santandreu (saxo tenor), Michel González (guitarra), Paco Charlín (contrabaixo) e Ramón Ángel (batería).

Playing on Light -7 sounding photos- (2006) / nuba records – karonte
(con Paco Charlín no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería). É un traballo programático onde se musican sete fotografías en branco e negro de autores como Ralph Gibson, Dona Ferrato ou Mitsuaki Iwago. A crítica escolleuno Mellor Disco de Jazz en España de 2006 (Cuadernos de Jazz).

Open Doors (2008) / nuba records – karonte
Segunda entrega do GHU! Project nun formato a septeto con Chris Kase (trompeta), Perico Sambeat (saxo alto), Jesús Santandreu (saxo tenor), Alan Ferber (trombón), Nelson Cascais (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería). O disco está ilustrado polo artista compostelán Deli Sánchez. Acadou o 2º posto na votación dos Premis Jaç 09 na categoría de Mellor Disco Internacional -Revista Jaç (Catalunya).

Piano Solo (2009) / nuba records – karonte
Traballo que contén a música orixinal para o espectáculo Jazzia (co ilusionista Kiko Pastur) e parte dunha encomenda da USC co gallo do Ano Rodríguez Cadarso. “Piano Solo” foi seleccionado entre os 5 finalistas nos Premios da UFI como Mellor Disco de Jazz en España 2009.

Open Doors Live (2009) / nuba records – karonte
DVD ao vivo que recolle a actuación do Abe Rábade Septeto no Teatro Principal de Compostela. Participaron Chris Kase (trompeta), Perico Sambeat (saxo alto), Jesús Santandreu (saxo tenor), Toni Belenguer (trombón), Pablo Martín (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería)

Zigurat (2010) / nuba records – karonte
(con Pablo Martín no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería). “Zigurat” foi elixido o Mellor Álbum de Jazz na III Edición dos Premios de la Música Independiente (UFI).

A Modo (2012) / nuba records – karonte
(con Pablo Martín ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería). “A Modo” foi presentado internacionalmente en 2013 nunha xira que incluía os seguintes países: Costa Rica, El Salvador, Guatemala e México.

VerSons (2013) / nuba records – karonte
(con Pablo Martín ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería). “VerSons” foi o traballo polo que Abe Rábade Trío recibiu o Premio Martín Códax na Categoría de Jazz e Músicas Improvisadas en Decembro de 2013.

Outros proxectos que desenvolvín son:

Cantigas Jazz Suite (2004)
Con motivo do Xacobeo 2004, presentei en Mondoñedo a obra Cantigas Jazz Suite, unha adaptación de cantigas medievais galegas do século XIII a un contexto contemporáneo -proxecto a sexteto coa participación especial da cantante portuguesa Mísia.

Nordestin@s (2005 ata 2011)
Xunto ás vocalistas Guadi Galego e Ugia Pedreira formei a banda Nordestin@s en 2005, baseada nunha actualización da música popular de Galiza. O disco Nordestin@s -na compañía Falcatruada- foi dos 100 máis vendidos en España en Xaneiro de 2007. Nordestin@s tamén gañou o 1º premio na VI Edición dos Premios La Opinión de Música Galega.

Eivissa Jazz Experience (2006 ata a actualidade)
Desde o ano 2006 dirixo musicalmente o grupo “Eivissa Jazz Experience”, unha produción propia do Festival de Jazz de Eivissa. A banda proposta é diferente en cada edición. Músicos como Perico Sambeat, Jesús Santandreu, Víctor de Diego, Guim García Balasch, Kike Perdomo, Toni Belenguer, Alexis Cuadrado, Pablo Martín, Marc Ayza, Marc Miralta, Ángela Cervantes, Albert Sanz, Joaquín Chacón, Ernesto Aurignac ou David Mengual formaron parte do proxecto nas súas últimas edicións. Asemade, a sintonía oficial do Festival “Eivissa Jazz” é da miña autoría.

Rosalía 21 (2008 ata a actualidade)
En 2008 formei parte do proxecto dirixido polo poeta Anxo Angueira e producín musicalmente o álbum Rosalía 21 (Falcatruada), unha revisión en clave contemporánea da poeta nacional de Galiza Rosalía de Castro. O traballo foi estreado na Feira Internacional do Libro de La Habana (Cuba).

Aloumiños de Seda (2008)
O disco Aloumiños de Seda foi unha encomenda da Dirección Xeral de Política Lingüística (Xunta de Galicia). No traballo musiquei poemas de autor@s galeg@s dirixidos a nenos. Nesta gravación participaron Ramón Bermejo, Terela Gradín, Joana Machado e Guadi Galego (voces), Perico Sambeat (saxo alto e soprano), Virxilio da Silva (guitarra), Nelson Cascais (contrabaixo), Bruno Pedroso (batería) e Marcos Vázquez (percusión).

Azos Jazz (2010 ata a actualidade)
En 2010 fundei o selo discográfico AZOS jazz, xunto a Sergio Lago. Os primeiros títulos da colección son os álbums “Introducing Álvaro Vieito” e “Live in Santiago” (Bill Goodwin Quartet) -ambos editados en 2010.

Pianista Solista con Bandas Sinfónicas (2014). Interpretei como solista a obra Rhapsody in Blue de George Gershwin coa Banda Sinfónica de Pontevedra (Galiza) en Maio de 2014 (Teatro Principal de Pontevedra) e coa Banda Sinfónica de Santiago de Compostela (Galiza) en Novembro dese mesmo ano (Teatro Principal de Santiago).

Realicei as seguintes encomendas:

Kind Steps (2009)
O produtor e baterista portugués Mário Barreiros encargoume en 2009 os arranxos e a dirección musical de Kind Steps -O Legado de 1959-, un proxecto que rende tributo a 6 xoias discográficas de 1959 entre as que se atopan evidentemente Kind of Blue de Miles Davis e Giant Steps de John Coltrane. O grupo está formado por Avishai Cohen (trompeta), Ben Van Gelder e Perico Sambeat (saxo alto), Jesús Santandreu (saxo tenor), Abe Rábade (piano), Carlos Barretto (contrabaixo) e Mário Barreiros (batería).

Travessia dos Poetas (2010)
A vocalista portuguesa Joana Machado encargoume a composición e dirección musical do álbum Travessia dos Poetas a partir de textos dos grandes poetas Rui Belo, Alberto Caeiro, Herberto Helder, Sophia de Mello Breyner e Nuno Júdice (Karonte, 2010), obra para cuarteto de jazz, grupo de cámara e voz.

B.S.O. para “A Cicatriz Branca” (2011)
A directora de cinema galega Margarita Ledo encargoume a música para o seu filme “A Cicatriz Branca”. O Abe Rábade Trío foi o encargado de gravala.

Colaborei tamén nestas propostas:

Jazzia (2008)
Xunto ao ilusionista Kiko Pastur estreei a fins de 2008 o espectáculo Jazzia, unha síntese de Maxia e Jazz con música orixinal para piano solo contida no álbum de produción propia “Jazzia”. Esta gravación integrouse posteriormente no álbum “Piano Solo” en 2009.

Bill Goodwin Quartet (2009 ata a actualidade)
En 2009 toquei co lendario baterista Bill Goodwin nun formato a cuarteto con Adam Niewood ao saxo tenor e Paco Charlín ao contrabaixo. Froito desta xira son os discos “Live in Santiago” (Azos Jazz 2010) e “Canjazz 4tet” (Free Code, 2010). Nos meses de Maio e Xuño de 2010 fixen dúas xiras na Costa Leste dos EEUU xunto ao cuarteto do baterista Bill Goodwin e o cuarteto do saxofonista Adam Niewood, tocando entre outros lugares no Dizzy´s Club -Jazz at the Lincoln Center- (New York) e no Rochester International Jazz Festival (New York State).

Kurt Rosenwinkel + OJM (2009)
En 2009 gravei piano no disco Our Secret World de Kurt Rosenwinkel coa Orquestra de Jazz de Matosinhos en Gaia (Portugal). O traballo foi editado por Wommusic en 2010.

Pablo Martín Caminero Quinteto (2009)
Formei parte do quinteto do contrabaixista Pablo Martín. O grupo completábase con Perico Sambeat (saxo alto), Toni Belenguer (trombón) e Borja Barrueta (batería). A primeira produción desta banda foi o CD+DVD “El Caminero”, editado en 2011 por Bost.

Chris Kase Sextet (2011)
En 2011 gravei piano no álbum “Six” de Chris Kase, editado por Nuba Records en 2011.

Recibín os seguintes premios e bolsas:

Premio Martín Códax na Categoría de Jazz e Músicas Improvisadas (Premios Galegos da Música) en 2013.
Premio UFI (Premios de la Música Independiente) ao Mellor Disco de Jazz -“Zigurat” en 2011.
Premio Cunca das Artes na especialidade de Música, concedido pola Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesas en 2009.

Premio Aula X ao Mellor Solo nas “X Jornadas sobre Jazz de la UNED” (Melilla) en 2007.

1º premio de Música Galega “La Opinión” na VI Edición – ”Nordestin@s” en 2007.

Premio Tete Montoliú ao Pianista Revelación en España, concedido por SGAE en 2001.

2º Premio no Concurso Internacional de Grupos de Jazz de Getxo (Euskadi) -Abe Rábade Trío- en 2000.

Claire Fischer Award de Berklee College of Music en 1999.

Piano Performance Award de Berklee College of Music en 1999.

Liberace Foundation Award de Berklee College of Music en 1997.

3 Becas de Alta Especialización AIE para Berklee College of Music (de 1996 a 1999).

5 Becas de Formación de AIE para Estudio escola de música (de 1991 a 1995).

Producín artisticamente estes traballos discográficos:

May´s Idea de Ten Jazz Men (Free Code, 2007).

Sound Colors de Jesús Santandreu (Fresh Sound New Talent, 2009).
Introducing Álvaro Vieito de Álvaro Vieito (Azos Jazz, 2010).

A miña experiencia docente é a seguinte:

Desde o ano 2000 son Director Artístico do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (SPJ) xunto a Paco Charlín.

Fun mestre de piano, arranxos / composición e conxunto instrumental en Estudio escola de música de Santiago de Compostela de 2000 a 2003.

Teño participado activamente en Seminarios Internacionais de Jazz como os da International Association of Schools of Jazz (IASJ) celebrados en Boston (EEUU) e Helsinki (Finlandia), en Tavira (Algarve, Portugal), no Palau da Música (Valencia, España), no IKFEM (International Keyboard Festival and Master Class) na Eurocidade Tui-Valença, no Conservatorio de Música da Jobra (A Branca, Portugal), ou nos Jazz it up Workshops de Macao (China).

Desde 2009 formo parte do corpo docente da ESMAE (Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo) en Porto (Portugal), onde ensino Piano e Composición.

Como compositor para grande formato estreei as seguintes obras:

Prana (para BigBand). Estrea na Casa da Música do Porto (Portugal) en Xuño de 2013. Foi interpretada tamén en Macao (China) en Outubro de 2013. Dirixida por Abe Rábade nas dúas ocasións.

Setes (para Frauta, Piano e Orquestra de Corda). Estrea no Auditorio da Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela (Galiza) en Marzo de 2014. Dirixida por Maximino Zumalave.

Cinco Fiestras (para Coro Mixto e Orquestra de Corda). Estrea no Auditorio da Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela (Galiza) en Marzo de 2014. Dirixida por Maximino Zumalave.

Paseo dos Gafos (para Banda Sinfónica). Estrea no Teatro Principal de Pontevedra (Galiza) en Maio de 2014. Dirixida por Juan Lois Diéguez.

Algúns dos músicos cos que actuei e/ou gravei son:

Os saxofonistas Jesús Santandreu, Miguel Zenón, Bob Mintzer, Eric Alxander, Jeff Harrington, Perico Sambeat, John O’Gallagher, Jorge Pardo, Guim García Balasch, Ben Van Gelder, Adam Niewood, Vicente Macián e Víctor de Diego.

Os trompetistas Chris Kase, Mike Philip Mossman, Avishai Cohen, Brian Lynch e Raynald Colom.

Os trombonistas Alan Ferber, Toni Belenguer e Carlos Martín.

O clarinetista Kinan Azmeh.
Os guitarristas Kurt Rosenwinkel, Nuno Ferreira, Michel González, Josemi Carmona, Mark White, Miquel Casany e Virxilio da Silva.

O harmonicista Antonio Serrano.

O vibrafonista Arturo Serra.

O pianista Albert Sanz.

As vocalistas Sinne E, Claudia Acuña, Deborah Carter, Joana Machado, Mísia, Chonchi Heredia, Guadi Galego e Ugía Pedreira.

Os contrabaixistas/baixistas Pablo Martín, Nelson Cascais, Carlos Barretto, Alexis Cuadrado, Carles Benavent, Paco Charlín, Javier Colina, Tom Warburton, Zé Eduardo, Matt Baker, David Mengual e Horacio Fumero.

Os bateristas Bruno Pedroso, Terri Lyne Carrington, Bill Goodwin, Jeff Williams, Skip Hadden, Jeff Ballard, Mário Barreiros, Martin Andersen, Flin VanHemmen, Marc Miralta, Marc Ayza e Ramón Ángel.

Actuei nos principais Festivais de Jazz do estado español. Internacionalmente dei concertos en París e Toulouse (Francia), Berlín, Munich e Kiel (Alemaña), Lausanne (Suíza), Porto, Lisboa e Madeira (Portugal), Tánxer (Marrocos), Boston, New York, Rochester e Cleveland (USA), Birmingham (UK), La Habana (Cuba), Helsinki (Finlandia), Belo Horizonte e Salvador de Bahía (Brasil), Santiago de Chile (Chile), San José de Costa Rica (Costa Rica), México D.F. e Oaxaca (México), Ciudad de Guatemala, Antigua e Quetzaltenango (Guatemala) e San Salvador (El Salvador).

DISCOGRAFíA E VIDEOGRAFÍA SELECCIONADA

LÍDER E CO-LÍDER:

Babel de Sons, 2001 (Xingra)

Simetrías, 2002 (Xingra)

GHU! Project vol.1, 2004 (Nuba + Karonte Records)

Playing on Light –7 sounding photos, 2006 (Nuba + Karonte Records)
Nordestin@s, 2006 (Falcatruada)

Rosalía 21, 2008 (Falcatruada)

Open Doors (GHU! Project vol.2, 2008 (Nuba + Karonte Records)

Jazzia, 2008 (Producción Propia)

Aloumiños de Seda, 2008 (Xeración e Logo)

Abe Rábade Piano Solo, 2009 (Nuba + Karonte Records)

Open Doors Live [DVD], 2009 (Nuba + Karonte Records)

Zigurat, 2010 (Nuba + Karonte Records)

A Modo, 2012 (Nuba + Karonte Records)
VerSons, 2013 (Nuba + Karonte Records)

COMPOSITOR E ARRANXISTA:

A Canary Man in Boston -René González Big band-, 2003 (+ Ná)

May’s Idea –Ten Jazz Men-, 2007 (Free Code)

Travessia dos Poetas -Joana Machado-, 2010 (Nuba + Karonte Records)

COLABORACIÓNS:

Wes Montgomery Revisited -Miquel Casany-, 2005 (Sedajazz)

Out of the Cage –Jesús Santandreu Quartet-, 2007 (Fresh Sound)

Jazz in Galiza Series vol.1 –J. O’Gallagher, P. Charlín, J. Williams-, 2007 (Free Code)

Scketches of Groove -Raynald Colom-, 2007 (Fresh Sound New Talent)
Manual del Tiempo Perdido -Animales Domésticos, 2007 (Free Code)
Benzón -Guadi Galego-, 2009 (Músicas de Salitre)

Live in Santiago -Bill Goodwin Quartet-, 2010 (Azos Jazz)

Our Secret World -Kurt Rosenwinkel + OJM-, 2010 (Wommusic)

El Caminero [DVD + CD]– Pablo Martín Caminero Quintet, 2011 (Bost)

Six -Chris Kase-, 2011 (Nuba + Karonte Records)

Café Latino 25 Aniversario (Pardo/ Rábade/ Colina/ Ballard/ Carmona/ Heredia), 2012 (Nuba + Karonte Records)
SET -Nuno Ferreira Septeto-, 2014 (Sintoma Records)

PRODUCTOR ARTÍSTICO:

Sound Colors -Jesús Santandreu-, 2008 (Fresh Sound New Talent)
Introducing Álvaro Vieito -Álvaro Vieito-, 2009 (Azos Jazz)

Leave a Comment