A Modo

A ModoA Modo
(Nuba + Karonte Records, 2012)

mercarMercar disco | Spotify A Modo (Spotify)

A Modo é o oitavo disco como líder de Abe Rábade. Seis composicións orixinais e unha versión do fado “Carmencita” integran un traballo en formato trío xunto a Pablo Martín (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería).
A coidada escolla de composicións feita para o repertorio de A Modo favorece o compromiso coa intuición dos seus intérpretes así como a complicidade co oínte. Tres solistas e acompañantes manexan un triángulo tímbrico con agarimo: rico en texturas, dun amplo rango dinámico e ateigado de emoción.

1.- 9 contra 4
2.- Tránsito nº3: Jamal´s Mood
3.- Arabesco da Iria
4.- A Modo
5.- Perdas
6.- Cómico, Tónico, Sónico
7.- Carmencita

Todas as composicións musicais de Abe Rábade (excepto #7 de Pedro Rodrigues)

Abe Rábade (piano)
Pablo Martín Caminero (contrabaixo)
Bruno Pedroso (batería)

Deixa un comentario